Xunta de Galicia
CEIDA
A biodiversidade é o resultado da evolución e adaptación das especies ás condicións ambientais nas que viven. En Galicia contamos con factores ambientais diversos que caracterizan as diferentes paisaxes do noso territorio - a climatoloxía, orografía, e hidroloxía - dando lugar a unha inxente variedade de ecosistemas: fondos mariños, litorais, marismas, bosques, matogueiras, ríos, regatos, montañas e paisaxes agrarias.
En Galicia existen unhas 20.000 especies animais e vexetais que aproveitan os recursos desta diversidade de hábitats. Entre estas especies destacan as máis ameazadas, debido á construción do seu territorio ou a sobreexplotación, e os endemismos, especies propias da nosa área xeográfica e que non se atopan noutro lugar do mundo.
A implantación de figuras de protección sobre os nosos espazos naturais máis representativos e ricos en especies, permite garantir a conservación desta biodiversidade.
A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que podes atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atoparás as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. Tamén poderás coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana, por exemplo, na alimentación, grazas á cría e cultivo de variedades galegas de maior calidade.
Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no mardo do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, eixo 3, tema prioritario 55.
* Consulta as condicións completas para a cesión temporal da exposición.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org