A actual sociedade de consumo na que estamos a vivir leva da man unha xeración de residuos en cantidades intolerables para o noso planeta. Estes residuos ameazan de xeito moi intenso aos ecosistemas terrestres e mariños, por non falar da saúde humana. A meirande parte dese lixo acaba por chegar aos mares, provocando problemáticas ambientais moi graves que pasan desapercibidas para a maioría da poboación: persistencia no medio, danos físicos en animais e plantas, microplásticos, e un longo etc., polo que resulta necesario mitigalo e revertelo.
O programa “Para unha Transición Ecolóxica” desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña pretende que a comunidade escolar recoñeza estes problemas, recapacite e comprenda que con pequenos xestos no noso día a día podemos influír poderosamente na redución dos residuos que xeramos, de cara a ter un futuro sostible.
Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO) de toda a provincia da Coruña.
O programa inclúe as seguintes actividades:
Unha segunda sesión cunha das seguintes opcións:
As actividades desenvolveranse durante o curso escolar 2020-2021, e o 1º trimestre do curso 2021-2022.
A actividade adaptarase en todo momento ás indicacións hixiénico-sanitarias relacionadas coa xestión da COVID-19:
Guía de Recursos Educativos sobre Lixo Mariño, elaborada pola Biblioteca e Centro de Documentación Ambiental do CEIDA, que inclúe recursos dispoñibles en formato físico que se atopan en préstamo no centro, e materiais electrónicos que se poden descargar directamente dende a Rede.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org