Monumento Natural Costa de Dexo (Oleiros). Espazo protexido incluido na Rede Natura 2000
* Actividades desenvolvidas dentro do programa Para unha Transición Ecolóxica.
Nas últimas décadas a costa galega está sufrindo unha gran presión que ameaza con destruír os seus valores e as súas riquezas naturais. O urbanismo agresivo, os verquidos incontrolados, a sobreexplotación dos recursos, a destrución de hábitats... poñendo en perigo a impresionante riqueza biolóxica que albergan as nosas costas. Mais aínda así, a costa galega ten un interese natural moi destacado, con moitos espazos litorais e mariños de alto valor ecolóxico que cómpre protexer de xeito especial. 28 espazos naturais costeiros foron obxecto de protección legal, algúns son ben coñecidos como o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, ou a Costa da Morte. Un deles é a Costa de Dexo, situado no Concello de Oleiros,e declarado Monumento Natural no ano 2000. Representa un lugar de grande importancia ecolóxica, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats como pola súa xeomorfoloxía e paisaxe.
Obxectivo xeral
Obxectivos específicos
Alumnos e alumnas de Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.
* Contidos adaptados ás idades dos participantes
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org