• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

O Patrimonio da Reserva Mundial de la Biosfera La Palma: un lugar único no planeta

Vostede está aquí

O Patrimonio da Reserva Mundial de la Biosfera La Palma: un lugar único no planeta
Data
venres, 15 Marzo, 2019 a mércores, 10 Abril, 2019
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Produce

CEIDA

Autor/es

Carlos Vales Vázquez, director do CEIDA e vicepresidente do Comité Español da Unión Internacional de Conservación da Natureza (UICN). Como experto en conservación da biodiversidade e divulgador ambiental é autor de diversos libros e publicacións.

A exposición

A Illa da Palma é un lugar de contrastes, considerada por moitos como 'un continente en miniatura', de ahí que dende o ano 2002 fose declarada pola UNESCO como Reserva Mundial de Biosfera. A exposición 'O Patrimonio da Reserva Mundial de la Biosfera La Palma: un lugar único no planeta' é unha colección de 34 fotografías que tratan de mostrar o patrimonio natural, tanto dende o punto de vista xeóloxico como de hábitats e paisaxes, e o patrimonio cultural desta illa tan diversa. As fotografías foron tomadas en diferentes visitas realizadas polo CEIDA dentro dos proxectos de colaboración que a entidade mantén con esta Reserva Mundial de Biosfera.

Horario de visita
  • De luns a venres: de 9 a 14 h.
  • Sábados: de 11 a 14 h.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio