CEIDA, Deputación da Coruña
Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña. A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca.
Este proxecto ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.
* Consulta as condicións completas para a cesión temporal da exposición.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org