• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Parques naturais e reserva de biosfera da provincia da Coruña

Vostede está aquí

Programa educativo por una Transición Ecológica: parques naturales y reserva de biosfera de la provincia de A Coruña
Organiza
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
Obxectivo xeral

A provincia da Coruña conta con dous parques naturais protexidos, o Parque Natural Fragas do Eume e o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e unha reserva de biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñas e Terras do Mandeo. Estes espazos a meirande parte das veces pasan desapercibidos polas poboacións da mesma provincia.

O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á conservación.

Obxectivos específicos
  • Analizar os recursos que amosa e aporta o territorio ás xentes locais de cada un dos parques naturais e da reserva de biosfera.
  • Coñecer o patrimonio natural que albergan estes espazos, así como o valor ambiental xeral a traveso da súa historia.
  • Entender as problemáticas ambientais ás que están sometidos estes espazos en busca do coidado e mantemento dos mesmos.
Dirixido a

Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO) de toda a provincia da Coruña.

Actividades

O programa inclúe as seguintes actividades:

  • Charla no centro educativo: sobre o espazo natural no que se enmarque o colexio/instituto:
    • Duración da charla: 50 minutos.
    • Número de participantes: a aula xeral do curso para o que se propoña.
  • Charla no centro educativo + roteiro: no espazo natural onde se enmarque o colexio/instituto.
    • Duración do roteiro: 2 horas e media – 3 horas.
Contidos
  • Que é un espazo natural protexido? E unha reserva da biosfera? Por que?
  • Situación do espazo. Importancia e valores dos mesmos.
    • Valores naturais: fauna, flora, xeoloxía, relevo, paisaxe.
    • Valores sociais: cultura, tradición, historia, aproveitamento.
  • Problemáticas ambientais dos espazos. Propostas e medidas para a súa conservación e aproveitamento.
Período de realización

As actividades desenvolveranse durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2020. 

Solicitudes

As solicitudes deberán enviarse a través do formulario.

Máis información sobre este programa:  educacion@ceida.org  -  981 630 618

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas