A provincia da Coruña conta con dous parques naturais protexidos, o Parque Natural Fragas do Eume e o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e unha reserva de biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñas e Terras do Mandeo. Estes espazos a meirande parte das veces pasan desapercibidos polas poboacións da mesma provincia.
O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á conservación.
Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO) de toda a provincia da Coruña.
O programa inclúe as seguintes actividades:
* En caso de escoller a opción 'Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Illa de Santa Cruz', a duración do roteiro será de 1 hora e 30 min.
As actividades desenvolveranse duranteo curso escolar 2020-2021, e o 1º trimestre do curso 2021-2022.
A actividade adaptarase en todo momento ás indicacións hixiénico-sanitarias relacionadas coa xestión da COVID-19:
As solicitudes deberán enviarse a través do formulario.
Máis información sobre este programa: educacion@ceida.org - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org