• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Roteiro histórico pola Illa de Santa Cruz: a figura de Emilia Pardo Bazán

Vostede está aquí

Roteiro histórico pola Illa de Santa Cruz: a figura de Emilia Pardo Bazán
Data
xoves, 14 Setembro, 2017
Horario

12.30 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Dirixido a

Todos os públicos

Descrición

O 16 de setembro de 1851 naceu na Coruña a escritora Emilia Pardo Bazán. A súa figura está intimamente ligada á Illa e Castelo de Santa Cruz, e nas súas paredes agóchanse moitas das súas vivencias, convertindo a fortaleza defensiva nun baluarte da cultura galega. Aproveitando o aniversario do seu nacemento, o CEIDA organiza este percorrido interpretativo polos 400 anos da Illa de Santa Cruz, onde a figura de Emilia Pardo Bazán é unha das máis salientables das catro etapas históricas deste lugar.

Inscrición

Aínda que a actividade non precisa inscrición, é preciso confirmar asistencia en: educacion@ceida.org - 981 630 618

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas