• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornada de Divulgación do Programa de Seguimento de Bolboretas Diúrnas

Vostede está aquí

Xornada de Divulgación do Programa de Seguimento de Bolboretas Diúrnas
Data
sábado, 9 Xuño, 2018
Horario

10.30 h.

Lugar

Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

Butterfly Monitoring Scheme Spain (BMS España)

Colabora

CEIDA

Dirixido a

Todos os públicos

Descrición

BMS é o acrónimo en inglés para o Programa de Seguimento de Bolboretas (Butterfly Monitoring Scheme). BMS España nace como unha rede colaborativa na que os distintos participantes aúnan esforzos para obter datos sobre as poboacións de bolboretas susceptibles de ser comparados no tempo e entre rexións, de maneira que ofrezca una valiosa ferramenta para a xestión do noso patrimonio natural. 

BMS Galicia e BMS España forman parte da maior rede de seguimento de bolboretas do mundo, con censos realizados en máis de 6000 localidades de 25 países europeos.

Os censos empregan a metodoloxía dos transectos e seguen o protocolo establecido para o BMS España. Na actualidade, o proxecto conta con sete transectos na provincia de Pontevedra, polo que  pretende estender o programa de seguimento ao resto das provincias galegas.

Nesta xornada divulgativa, os actuais colaboradores de BMS en Galicia presentarán o programa a todos os participantes, para despóis realizar unha pequena saída de identificación de bolboretas, e máis concretamente, de ropalóceros.

Máis información de BMS España en:   http://observa.ebd.csic.es/web/seguimientomariposas

Inscrición

Reserva a túa praza en:  galiciabms@gmail.com 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas