• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Coñece a Rede de Reservas de Biosfera de Galicia: Reserva de Biosfera Área de Allariz

Vostede está aquí

Coñece a Rede de Reservas de Biosfera de Galicia: Reserva de Biosfera Área de Allariz
Data
venres, 16 Xullo, 2021
Horario

12-14 h.

Lugar

Actividade online, Plataforma Zoom

Organiza
  • Xunta de Galicia
  • CEIDA
Obxectivos

O programa MaB (Man and Biosphere) creouse no ano 1971 cunha visión: promover unha conexión sostible entre as persoas e a natureza. Cos anos, esta idea materializouse coa designación das "reservas de biosfera", laboratorios vivintes que impulsan solucións baseadas na natureza para o desenvolvemento sostible.

Este 2021 cúmprense 50 anos do programa, e a Rede de Reservas de Biosfera de Galicia únense para homenaxear o traballo desenvolvido durante este período, cun ciclo de xornadas que pretenden dar a coñecer a diversidade das reservas de biosfera galegas. A quinta das xornadas está adicada á Reserva de Biosfera Área de Allariz.

Dirixido a

Todos os públicos.

Programa
  • Benvida da Presidenta da Reserva de Biosfera Área de Allariz:
    • Dna. María Cristina Cid Fernández. Alcaldesa de Allariz.
  • Coñecendo a Reserva da Biosfera:
    • O traballo da Reserva de Biosfera e Plans de futuro D. Bernardo Varela López, Concelleiro de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Allariz
    • "A Arca da Noe" (e que chova!!!). Taberna cultural Dna. Noemí Vázquez Nogueira, Xerente da Arca da Noe de Vilar de Santos e dinamizadora cultural naLimia
    • Aposta por un rural vivo. Dna. María Xosé Castro Fernández. Mimá Mel & Horta ecolóxica
Inscrición
  • Prazas limitadas.
  • Inscrición previa.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio