• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Coñecendo a memoria viva da Terra: A importancia do patrimonio xeolóxico

Vostede está aquí

Coñecendo a memoria viva da Terra: A importancia do patrimonio xeolóxico
Data
martes, 6 Novembro, 2018
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
Colabora
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Patrocina
  • Xunta de Galicia
Obxectivos
  • Identificar a xeodiversidade e o patrimonio xeolóxico do territorio, así como o seu uso didáctico e recreativo sostible.
  • Identificar as claves para a súa correcta xestión, que en ocasións garda unha estreita relación coa biodiversidade e co patrimonio histórico-artístico, coas tradicións, crenzas, folclore ou relixión dos lugares, como signo de identidade local.
  • Adquirir coñecementos sobre a evolución e funcionamento do noso Planeta, a “memoria viva da terra”, un rexistro único dos acontecementos que teñen e tiveron lugar ao longo da historia da Terra, os cales quedaron rexistrados, entre outros, nas rochas, paisaxes e solos que condicionan o noso día a día.
Dirixido a

Xestores/as, técnicos/as, docentes, profesionais do turismo activo e/ou público en xeral, interesados/as no coñecemento do patrimonio xeolóxico como unha ferramenta que permita a posta en marcha de iniciativas de conservación, educación e divulgación e/ou a creación dun proxecto de desenvolvemento socioeconómico e cultural.

Programa
  • 10.00 h. Inauguración
  • 10.30 h. Introdución á xeoconservación. Conceptos xerais. Dr. Manu Monge Ganuzas, Técnico Reserva da Biosfera de Urdaibai. Goberno Vasco. Presidente da Comisión de Patrimonio Xeolóxico da Sociedad Geológica de España.
  • 11.00 h. O patrimonio xeolóxico como recurso didáctico. Dr. Anchel Belmonte Ribas. Coordinador Científico do Xeoparque Mundial da UNESCO Sobrarbe-Pirineos.
  • 11.30 h. Descanso
  • 12.00 h. Turbeiras e depósitos do Cuaternario en Galicia. Dr. Pablo Ramil Rego. Secretario do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB da UNESCO.
  • 12.30 h. Covas e formacións graníticas en Galicia. Dr. Ramón Vidal Romaní. Profesor Emérito Catedrático de Xeoloxía da Universidade da Coruña e Académico Numerario da Real Academia Galega de Ciencias (Sección Xeoloxía e Química).
  • 13.00 h. O patrimonio xeolóxico das rías galegas. Dra. Soledad García Gil. Catedrática de Estratigrafía da Universidade de Vigo
  • 13.30 h. Rolda de preguntas e debate. Clausura.
Inscrición
  • Asistencia gratuita.
  • Prazas limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas