• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world: II Encontro Internacional do Lixo Mariño

Vostede está aquí

Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world: II Encontro Internacional do Lixo Mariño
Data
sábado, 7 Outubro, 2017 a domingo, 8 Outubro, 2017
Lugar
  • Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Praia de Bastiagueiro (Oleiros)
Organiza
  • Mar de Fábula
  • RetoqueRetro
  • CEIDA
Colabora
  • GALP Golfo Ártabro
  • UICN
Obxectivos

Segunda edición do encontro internacional onde se falará das Crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. Temos a certa experiencia de que á sociedade non lle gusta mirar de fronte esta realidade a menos que se faga algo bonito e extraordinario co lixo. E o firme convencemento de que os obradoiros artísticos con lixo mariño son unha magnífica experiencia sensorial que facilita moito a comprensión e sensibilización a cerca desta problemática. O encontro inclúe  limpeza de praias  e obradoiros artísticos.

Dirixido a

Todos os públicos

Programa
  • SÁBADO 7 OUTUBRO

■ 09.45 h. Inauguración. D. Andrés García Boutureira, Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, D. Carlos Vales, Director do CEIDA e D. Ali Kaka (Kenia), vicepresidente de UICN internacional.
■ 10.30 h. Mar de Fábula, asociación para as limpezas de praias e a conservación do medio mariño (A Coruña).
■ 11.00 h. RetoqueRetro, Restauración&Reciclaxe. Colectivo artístico (A Coruña).
■ 11.30 h. Coge 3 - Movemento social para as limpezas de praias e o coidado do medio ambiente (Barreiros, Lugo).

■ 12.00 h. Pausa café

■ 12.30 h. Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social, FREMSS.
■ 13.00 h. Susana Sanromán, coruñesa residente en Inglaterra. Arte e fotografía do lixo a nivel global. 
■ 13.30 h. Manolo Blanco Ventureira, Clube do Mar de San Amaro (A Coruña). Fotografía subacuática.

■ 16.00 h. Brigada do Mar (Portugal). Asociación para as limpezas de praias.
■ 16.30 h. Plasticus maritimus (Portugal). Concienciación a través das limpezas e a arte.
■ 17.00 h. Viral Depollution (Sicilia) – Movementosocial para as limpezas de praias e o coidado do medio ambiente.

■ 17.30 h. Pausa café

■ 18.00 h. Elisenda Franquet, Proartso. Proxecto 3Rs. Mari Gutic, Asociación Ondine (Mallorca).
■ 18.30 h. Prestgaard/Andersen (Noruega)- Concienciación a través da arte e obradoiros.
■ 19.00 h. Baltasar Portillo (El Salvador) e Emile Gireau (Francia) – Escultores da reciclaxe.

 

  • DOMINGO 8 OUTUBRO

■ 11.00 h. Limpeza na praia de Bastiagueiro + obradoiros artísticos. Actividade dirixida a familias.

Inscrición
  • Actividade de balde
  • Prazas limitadas
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas