• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world: III Encontro Internacional do Lixo Mariño

Vostede está aquí

Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world: III Encontro Internacional do Lixo Mariño
3ª edición!
Data
venres, 26 Outubro, 2018 a domingo, 28 Outubro, 2018
Lugar
  • Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Praia de Santa Cruz (Oleiros)
  • Praia de Mera (Oleiros)
  • Praia de Bastiagueiro (Oleiros)
Organiza
  • Mar de Fábula
  • RetoqueRetro
  • CEIDA
Colabora
  • GALP Golfo Ártabro Sur
  • UICN
  • Fundación Oxígeno
Obxectivos

Terceira edición do encontro internacional onde se falará das Crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. Temos a certa experiencia de que á sociedade non lle gusta mirar de fronte esta realidade a menos que se faga algo bonito e extraordinario co lixo. E o firme convencemento de que os obradoiros artísticos con lixo mariño son unha magnífica experiencia sensorial que facilita moito a comprensión e sensibilización a cerca desta problemática. O encontro inclúe limpeza de praias e obradoiros artísticos.

Dirixido a

Todos os públicos.

Programa

VENRES, 26 OUTUBRO

  • 11.00 - 13.00 h. Limpeza da Praia de Santa Cruz.

 

  • 16.00 h. Inauguración
  • 16.30 h. Aves mariñas e lixo plástico no mar. “To what extent are seabirds affected by plastic litter?”. Álvaro Barros López. Biólogo.
  • 17.00 h. O lixo plástico e o cambio climático. “Could plastic debris affect oceans functions as climate regulator, CO2 sink , albedo, evaporation...?”. Diego Fernández Sevilla. Biólogo.
  • 17.30 h. A problemática dos cruceiros. ”Cruise industry impact on marine environment. Special reference to portuguese and galician coastal waters”. Xosé Manuel Barros. Mar de Fábula.
  • 18.00. Rolda de preguntas.
  • 18.15 h. Descanso
  • 18.30 h. Arte e lixo mariño. “How art can help science to change your mind”. Isa G., Javi Serantes, Ana Lee. RetoqueRetro.
  • 19.00 h. Activismo altruista ambiental. “From Prestige to Eloane”. Sole M. Vázquez. NaArea.
  • 19.30 h. Rolda de preguntas.

 

SÁBADO, 27 DE OUTUBRO

  • 9.30 h. A Estratexia de Desenvolvemento Local Pesqueiro do GALP Golfo Ártabro Sur e as líneas de axuda en materia de medio ambiente. Federico López Viñas. GALP Golfo Ártabro Sur.
  • 10.00 h. Os refuxiados do cambio climático. “A first approach to Climate Change Refugees”. Rebecca Ramanathan. Mar de Fábula.
  • 10.30 h. Limpeza ao servizo do medio ambiente e do litoral. ”Bretagne et Galice unis contre le plastic”. Cristelle Pinnard e Lionel Lucas. ANSEL asso (Francia).
  • 11.00 h. Caracterización de varamentos de residuos e identificación das súas fontes. ”Oceanplastictracker”. Jonathan Hénichart. Sea-Mer asso (Francia).
  • 11.30 h. Rolda de preguntas.
  • 11.45 h. Descanso
  • 12.00 h. Indignación con acción. “Brigada do Mar is Rage with action”. Simão Acciaioli. Brigada do Mar (Portugal).
  • 12.30 h. Activismo nas Azores. “Soluçoes locais paraproblemas globais”. Henrique Ramos. No More Plastics (Portugal).
  • 13.00 h. Unha especie invasora. “Plasticus maritimus, uma espécie invasora”. Ana Pêgo. Plasticus maritimus (Portugal).
  • 13.30 h. Rolda de preguntas.

 

  • 16.00 – 18.00 h. – Limpeza da Praia de Mera.

 

DOMINGO, 28 DE OUTUBRO

  • 11.00 - 14.00 h. Limpeza da praia de Bastiagueiro + obradoiros artísticos. Actividade dirixida a familias. (CANCELADO POR CUESTIÓNS METEOROLÓXICAS)
Inscrición
  • Actividade de balde.
  • Prazas limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas