• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso de Introdución ao Estudo dos Ungulados: metodoloxías de mostraxe

Vostede está aquí

Curso de Introdución ao Estudo dos Ungulados: metodoloxías de mostraxe
Inscrición pechada
Data
venres, 19 Outubro, 2018 a domingo, 21 Outubro, 2018
Horario
  • Venres 19: 16 - 20 h.
  • Sábado 20 : 9 - 20 h.
  • Domingo 21: 9 - 14 h.
Lugar

Centro Etnográfico do Río Mandeo (Teixeiro, Curtis)

Organiza
  • CEIDA
  • Biolearn
Colabora
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • Concello de Curtis
Obxectivos

Dar a coñecer as especies de ungulados presentes en Galiza e o seu papel ecolóxico no medio, así como dotar aos alumnos/as dunhas competencias básicas nas metodoloxías de mostraxe, e na identificación dos rastros destes animais de cara á súa aplicación en estudos científicos ou técnicos.

Dirixido a

O curso está dirixido a profesionais do Medio así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben, toda aquela persoa interesada na temática pode participar. Non son necesarios coñecementos previos.

Metodoloxía

O curso abordarase desde unha perspectiva eminentemente práctica apoiada nunha exposición de contidos teóricos. Será o alumno/a quen toma o papel activo a través das ferramentas, técnicas e equipos necesarios para o estudo dos ungulados.

Imparte

Xosé Pardavila, Adrián Lamosa, Martín Pérez  (www.biolearn.org)

Inscrición
  • Prezo de matrícula: 95 €
  • A matrícula inclúe aloxamento no albergue do Centro Etnográfico de Teixeiro (habitación con dereito a cociña) durante os días de desenvolvemento do curso.
  • As prazas son limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas