• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso online Interpretación do Patrimonio con Medios Expositivos

Vostede está aquí

Curso online Interpretación do Patrimonio con Medios Expositivos
Data
luns, 15 Xuño, 2020 a mércores, 15 Xullo, 2020
Organiza

CEIDA

Obxectivos

Coñecer a metodoloxía da interpretación do patrimonio como estratexia de comunicación do patrimonio (natural e cultural) e como ferramenta para o deseño de medios expositivos

Dirixido a

Profesionais con funcións en interpretaciónpresentación do patrimonio ao público visitante, vinculados a sitios históricos, monumentos, xacementos, espazos naturais protexidos, museos (persoal de educación e difusión), xestores ambientais e culturais, guías de turismo, responsables de programas de uso público, empresas de servizos turísticos, etc.

Imparte

 Jorge Morales Miranda, intérprete do patrimonio, consultor e docente nesta materia. Experto en metodoloxía para a interpretación do patrimonio. 

Características
  • 35 horas.
  • 4 unidades didácticas con exercicios prácticos.
  • Charlas semanais en directo.
  • Titorías e seguimento especializado.
  • Idioma: español.
  • Diploma acreditativo.
Contidos
  • Unidade 1: Introducción á interpretación do patrimonio.
    • Breve historia e contexto da interpretación.
    • Finalidades e definicións.
    • Os principios de Freeman Tilden.
    • Os medios interpretativos: interpretación secuencial e non secuencial.
  • Unidade 2: Metodoloxía da interpretación.
    • Os tres piares da interpretación:
    • O Recurso.
    • O Público Visitante.
    • As Técnicas.
    • Principal fundamento metodolóxico para a interpretación: o modelo TORA de Sam Ham:
      • Temática
      • Organizada.
      • Relevante.
      • Amena
    • Aplicación da metodoloxía á “mensaxe interpretativa”.
  • Unidade 3: Interpretación non secuencial (autoguiada).
    • O proceso da interpretación para deseñar produtos interpretativos.
    • Sinais e carteis interpretativos: recomendacións para o deseño.
    • Exhibicións interpretativas: recomendacións para o deseño.
  • Unidade 4 : Avaliación de produtos e servizos interpretativos.
    • Avaliación de produtos interpretativos.
    • Avaliación do impacto no público.
Inscrición
  • Prazas limitadas por rigorosa orde de inscrición.
  • 90 € (10% desconto estudantes e persoas desempregadas).
  • 105 € (transferencias internacionais).
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas