• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Deseño de actividades educativas para a sostibilidade

Vostede está aquí

Deseño de actividades educativas para a sostibilidade
PRAZAS ESGOTADAS!!
Data
martes, 22 Setembro, 2020 a xoves, 22 Outubro, 2020
Lugar
  • Actividade online 
  • Aula virtual do CEIDA
Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos

Coñecer e/ou ampliar os recursos didácticos con novas propostas, contidos, técnicas e actividades propias da Educación Ambiental para a Sostibilidade.

Dirixido a

Profesionais da educación ambiental e do medio ambiente e persoas interesadas en adquirir coñecementos relacionados co deseño e execución de programas e actividades educativas para a sostibilidade. Os contidos permiten ampliar os recursos didácticos para os profesionais da educación ambiental, a comunicación, formación e a interpretación.

Imparte
  • Isabel Fernández, Experta en Proxectos de Comunicación Patrimonial Integral.
  • Toñi López, Educadora Social e Enxeñeira Forestal especialista en Interpretación do Patrimonio e Accesibilidade.
Contidos
  • UD1: Contextualizando: a Educación Ambiental para a Sostibilidade (9 horas).
  • UD2: Deseño de actividades de Educación Ambiental: do soño á execución. Experimentos, técnicas e obradoiros aliñados con creatividade (12 horas).
  • UD3: Avaliación de actividades: como indagar no secreto do éxito (e do erro) (9 horas).
Características
  • 30 horas.
  • Materiais en galego e castelán. O alumnado tamén poderá realizar os exercicios e comunicarse coas docentes en portugués.
  • Titorías personalizadas a través de mensaxes ou videconferencia.
  • Vídeo didáctico práctico e presentación de contidos en directo.
  • Diploma acreditativo.
Inscrición

PRAZAS ESGOTADAS!

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas