• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ecoturismo e Interpretación: Recursos locais e emprendemento en Espazos Naturais Protexidos

Vostede está aquí

Ecoturismo e Interpretación: Recursos locais e emprendemento en Espazos Naturais Protexidos
Prazas esgotadas!
Data
luns, 28 Maio, 2018 a xoves, 31 Maio, 2018
Horario
  • 9 a 14 h.
  • 16 a 19 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Colabora

Deputación da Coruña

Obxectivos
  • Promover o emprendemento e a inserción laboral no ámbito do ecoturismo.
  • Mellorar o coñecemento dos recursos naturais e culturais do territorio.
  • Facilitar a especialización na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo dos/as Guías Turísticos de Galicia.
  • Coñecer e practicar coa metodoloxía da Interpretación do Patrimonio como estratexia de comunicación.
Dirixido a

Persoas pertencentes ao ámbito do Turismo e/ou Patrimonio (guías-intérpretes, informadores turísticos, xestores do uso público...); do ámbito da Educación Ambiental; educadores en xeral; público xeral interesado.

Programa

DÍA 28. RESERVAS DE BIOSFERA E ECOTURISMO

  • 9.00 h. Inauguración.
  • 9.30 – 10.00 h. Coordina e imparte: Equipo Técnico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
    • Reservas de Biosfera: concepto e historia.
    • Principios das Reservas de Biosfera.
    • Zonificación de Reservas de Biosfera.
    • Redes de Reservas de Biosfera: Mundial, Española e Galega.
  • 10.00 - 12.00 h.. Coordina e Imparte: D. Alfonso Polvorinos Ovejero, Director da Escola de Ecoturismo do Club Ecoturismo en España.
    • Produto Ecoturístico. Concepto e creación. Bases para a súa comercialización, promoción e comunicación.
  • 12.00 – 12.30 h. Descanso
  • 12.30 – 14.00 h. Presentación do traballo realizado en materia de turismo nas Reservas de Biosfera:
    • Produtos ecoturísticos en Reservas de Biosfera. Casos de éxito. D. Alfonso Polvorinos Ovejero.
    • Reserva de Biosfera Terras do Miño e Reserva de Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Dna. Andrea Macho Benito, Técnica de Medio Ambiente da Deputación de Lugo.
    • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Equipo Técnico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
  • 16.00 – 19.00 h.. Coordina e Imparte: D. Jorge Morales Miranda, Consultor en Interpretación do Patrimonio. Introdución á Interpretación do Patrimonio:
    • A importancia da Interpretación do Patrimonio como ferramenta para a posta en valor dos recursos do territorio.
    • Obxectivos, definición e principios da IP.
    • Pilares que sustentan a IP (o Recurso, o Público Destinatario, as Técnicas)

 

DÍA 29. INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO

  • 9.00 – 14.00 h. Coordina e Imparte: D. Jorge Morales Miranda, Consultor en Interpretación do Patrimonio.
    • Metodoloxía T.O.R.A. para comunicar con efectividade.
    • Interpretación secuencial e non secuencial.
    • O proceso de deseño de produtos interpretativos.
  • 16.00 – 19.00 h.
    • Carta Europea de Turismo Sostible (CETS) en Espazos Naturais Protexidos. O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia como exemplo da implantación da CETS. D. José Antonio Fernández Bouzas, Director – Conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
    • Posta en valor do patrimonio natural e cultural do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. D. Sergio París Gómez, Técnico especializado en planificación e xestión de espazos naturais protexidos.
    • Presentación de materiais da Reserva de Biosfera MCeTM. Reparto e explicación de materiais de base para o traballo práctico. D. Xoán Fontaiña Pérez. CEM, Sociedade Cooperativa Galega.

 

DÍA 30. OBRADOIRO: DESEÑO E ELABORACIÓN DE MATERIAIS INTERPRETATIVOS PARA A RESERVA DE BIOSFERA MCeTM. Coordinan: D. Jorge Morales Miranda e D. Xoán Fontaíña Pérez.
09.00 – 14.00 / 16.00-19.00 h. Visita e traballo de campo no Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo (Aula do Mar de Mera).

  • Elaboración e deseño de mensaxes creativas e efectivas aplicadas ao caso concreto da Aula do Mar de Mera.

 

DÍA 31. OBRADOIRO: INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO APLICADA AO TERRITORIO. Coordinan: D. Jorge Morales Miranda e D. Xoán Fontaíña Pérez.
09.00 – 14.00 / 16.00-19.00 h.

  • Elaboración e deseño de mensaxes creativas e efectivas aplicadas ao caso concreto da Aula do Mar de Mera.
  • Presentación das propostas realizadas polos alumnos/as.
Inscrición
  • Asistencia gratuita.
  • Prazas limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas