• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Fotografía Creativa de Natureza: Obradoiro Espazos Naturais e Paisaxe / Obradoiro Detalles Naturais: Flora, Fauna e Xea

Vostede está aquí

Curso Fotografia Creativa de Natureza
Data
sábado, 15 Xuño, 2019 a domingo, 16 Xuño, 2019
Horario
  • Mañás: 9.30 - 14.30 h.
  • Tardes: 16.30 - 19 h.
Lugar
  • Mañás: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Tardes: Saída fotográfica (lugar por determinar)
Organiza

CEIDA

Dirixido a
  • Persoas con certos coñecementos de fotografía dixital con interese en sacarlle un maior partido á súa cámara fotográfica, réflex ou compacta, e de maneira particular na fotografía de territorios, espazos naturais e paisaxes.
  • Profesionais como empresarios turísticos, informadores, guías, monitores de natureza, axentes de desenvolvemento local, dinamizadores sociais, promotores de actividades culturais... e estudantes de ciencias da terra como xeografía, ciencias ambientais, bioloxía, xeoloxía, forestais e outras disciplinas vinculadas ao territorio como turismo, ordenación do territorio…
Imparte

Javier Puertas (coordinador e profesor). Xeógrafo e fotógrafo de territorios e natureza, experto en espazos naturais. Membro da Asociación Española de Fotografía de Naturaleza, onde lidera o “Comité de Conservación”. É responsable da Aula de Fotografía de Humanes de Madrid, e imparte asimesmo cursos e seminarios intensivos da man de numerosas entidades ambientais.

Conta con varias exposicións itinerantes artísticas e divulgativas: “Naturales Fotográficas”, “Cultura y Naturaleza, y Viceversa”, “Patrimonios verticales”, “El agua y sus paisajes”, “El bosque y sus paisajes”, “La Vera, una visión en blanco y negro”, “Luces africanas: Marruecos”.

Sábado 15 de xuño. Fotografía Creativa: Espazos Naturais e Paisaxes

       

  • OBXECTIVO: formar aos alumnos/as nas principais técnicas fotográficas e compositivas para abordar CREATIVAMENTE diferentes espazos naturais como as montañas e os bosques, entre outros, con especial atención aos paisaxes da auga.
  • PROGRAMA:
    • 9.30 - 10.00 h. Presentación do curso e participantes.
    • 10.00 - 11.00 h. Bloque I. Técnicas fotográficas fundamentais: paisaxes.
      • Claves técnicas expositivas e efectos fotográficos principais, profundidade de campo, aillar o motivo, deter o tempo, suxerir o movemento…
    • 11.00 - 11.30 h.  Descanso.
    • 11.30 - 14.30 h. Bloque II. Fotografía creativa de paisaxes: catálogo aberto de recursos creativos e estéticos.
      • Paisaxes a contraluz.
      • Efecto sedoso das augas.
      • Explotando a hora azul.
      • Paisaxes con nubes en fuga.
      • Xogos de reflexos.
      • Efectos pictóricos en paisaxes naturais.
      • Extraccións de paisaxe.
      • Coleccións fotográficas de paisaxes.
      • Outros.
    • 14.30 - 16.30 h. Descanso
    • 16.30 - 19.00 h. Saída fotográfica para realizar varios exercicios, aplicando os recursos fotográficos traballados na aula.
Domingo 16 de xuño. Fotografía Creativa: Detalles naturais: Flora, Fauna e Xea

       

  • OBXECTIVO: formar aos alumnos/as nas principais técnicas fotográficas, compositivas e estéticas para abordar CREATIVAMENTE a natureza ao detalle, flora, fauna, xeoloxía....
  • PROGRAMA:
    • 9.30 - 10.00 h. Presentación do curso e participantes.
    • 10.00 - 11.00 h. Bloque I. Técnicas fotográficas fundamentais: flora, fauna e xea.
      • Claves técnicas expositivas e efectos fotográficos principais, profundidade de campo, aillar o motivo, deter o tempo, suxerir o movemento…
    • 11.00 - 11.30 h.  Descanso.
    • 11.30 - 14.30 h. Bloque II. Fotografía creativa de flora, fauna e xea. Catálogo aberto de recursos creativos e estéticos.
      • Texturas vexetais e minerais.
      •  Siluetas figurativas.
      • Xogando coas sombras.
      • Efecto zooming.
      • Dobres exposicións en cámara.
      • Barridos fotográficos.
      • Xogando con fondos naturais.
      • Photolandart.
      • Parellas fotográficas...
    • 14.30 - 16.30 h. Descanso
    • 16.30 - 19.00 h. Saída fotográfica para realizar varios exercicios, aplicando os recursos fotográficos traballados na aula.

   

Requisitos

Equipo fotográfico dixital, cámara réflex ou compacta, con controles manuais. Máis que recomendable: trípode.

Inclúe

Separatas e selección bibliográfica e de recursos electrónicos. Diploma acreditativo.

Inscrición
  • 15 xuño (espazos naturais e paisaxes): 50 €.
  • 16 xuño (detalles naturais: flora, fauna e xea): 50 €
  • 15 e 16 xuño: 80 €
  • Prazas limitadas.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas