• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Fotografiando a Natureza: Técnicas Básicas e Recursos Creativos

Vostede está aquí

Novas datas!
Data
sábado, 14 Abril, 2018 a domingo, 15 Abril, 2018
Lugar
  • Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Monumento Natural Costa de Dexo
Organiza

CEIDA

Obxectivos

Fomentar a fotografía de natureza como un dos múltiples argumentos para explorar os nosos espazos naturais, minimizando os impactos ambientais sobre o medio e maximizando a vivencia fotográfica, apostando pola sensibilización e a capacitación como unha das claves para disfrutar dunha experiencia fotográfica máis completa. 

Dirixido a
  • Público xeral con interese en sacarlle un maior partido á súa cámara fotográfica, réflex ou compacta, e/ou en iniciarse na fotografía dixital e, de maneira particular, na fotografía de territorios e paisaxes.
  • Profesionais como empresarios turísticos, informadores, guías, monitores de natureza, axentes de desenvolvemento local, dinamizadores sociais, promotores de actividades culturais... ou estudantes de ciencias afíns.
Imparte

Javi Puertas, xeógrafo e fotógrafo de territorios e natureza  (www.territoriosfotograficos.com).

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DE NATUREZA. SÁBADO 14 DE ABRIL
  • Obxectivo específico: familiarizar aos participantes coas principais técnicas fotográficas na natureza en xeral e nos espazos naturais en particular, afinando a correcta exposición das instantáneas e ensaiando os diferentes efectos fotográficos universais.
  • Programa:
    • 10.00 - 10.30 h. Introdución.
    • 10.30 - 13.30 h. Claves principais da fotografía de natureza: o equipo fotográfico (cámaras, obxectivos, filtros), exposición fotográfica, maximizar a profundidade de campo, aillar o motivo, conxelar a acción, insinuar o movemento.
    • 13.30 - 15.30 h. Comida.
    • 15.30 - 18.30 h. Práctica fotográfica no Monumento Natural Costa de Dexo. Ensaio dalgunhas técnicas e recursos.
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CREATIVA. DOMINGO 15 ABRIL
  • Obxectivo: ofrecer aos participantes un catálogo aberto de recursos técnicos, compositivos e estéticos cos que abordar creativamente a práctica da fotografía de natureza e espazos naturais. 
  • Programa:
    • 10.00 - 10.30 h. Introdución.
    • 10.30 -13.30 h. Catálogo de recursos creativos na natureza: grandes panorámicas; planos arriscados; enchendo o encadre; extraccións de paisaxes; desenfoques creativos; paisaxes minimalistas; reflexos acuáticos; abstraccións naturais; fluxos naturais; detalles animais, florais e xeológicos; enfatizando os contrastes; a forza da cor; explorando as posibilidades do blanco e negro.
    • 13.30-15.30 h. Comida.
    • 15.30-18.30 h. Práctica fotográfica no Monumento Natural Costa de Dexo. Ensaio dalgunhas técnicas e recursos.
REQUISITOS

Dispoñer de equipo fotográfico dixital, cámara reflex ou compacta, con controles manuais. Recomendable: trípode.

Inscrición
  • A matrícula pode realizarse de maneira completa (iniciación + fotografía creativa) ou de forma independente para cada un dos obradoiros.
  • As prazas son limitadas.
  • Prezo de matrícula:
    • Iniciación á fotografía: 50 €
    • Fotografía creativa: 50 € (para a realización deste obradoiro, son precisos coñecementos previos de fotografía ou estar matriculado no curso completo).
    • Matrícula completa (iniciación + fotografía creativa): 80 €

       

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas