• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

I Foro de Sustentabilidade nas Administracións Locais

Vostede está aquí

I Foro de Sustentabilidade nas Administracións Locais
Dispoñibles ponencias en PDF
Data
mércores, 25 Abril, 2012
Lugar

Castelo de Santa Cruz, Oleiros

Organiza

CEIDA

Colabora

Consorcio das Mariñas; patrocina, Deputación da Coruña

Obxectivos

O I FORO DE SUSTENTABILIDADE DAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS pretende crear un punto de encontro para todas as administracións locais, onde se favoreza a posta en valor destas experiencias e iniciativas locais, creando un escaparate de boas prácticas baseadas nunha xestión ambiental sostible. Igualmente o foro quere contribuír á dinamización e creación de sinerxias de colaboración entre as diferentes entidades asistentes para o intercambio de información, recursos, e apoio mutuo para o desenvolvemento de proxectos futuros.

Dirixido a

Responsables políticos e técnicos das áreas de medio ambiente, cultura, educación, turismo, e promoción económica das administracións locais. Fundacións e outras entidades que traballen no desenvolvemento local. Outras persoas e profesionais interesados.

Entrada de balde.

 

Descrición

Nas nosas localidades existen numerosas experiencias de sustentabilidade desenvoltas tanto polos concellos como por entidades sen ánimo de lucro, organizacións supramuniciais, etc., experiencias que permanecen case invisibles alén do seu ámbito territorial máis inmediato. Estas actuacións, en moitos dos casos, téñense desenvolto ao abeiro de axudas europeas, de plans comarcais de dinamización turística e son claves tanto para a sustentabilidade local como para a conservación e posta en valor do patrimonio natural e cultural.

Entrada de balde.

Ponencias
  • Proxecto Life Aqua Plann. A directiva marco da auga na xestión da conca Mero- Barcés e no encoro Abegondo-Cecebre. Carlos Ameijenda. Director técnico do proxecto Life Aqua Plann. Concello de Abegondo. Descargar (5,21 Mb)
  • A oficina de Medio Ambiente do concello de Culleredo. A aplicación das novas tecnoloxías nas administracións locais. Edmundo Varela. Xefe da área do concello de Culleredo. Descargar (4,76 Mb)
  • Boas prácticas en educación ambiental. Elaboración participada do catálogo municipal de árbores senlleiras. Juan Antonio Moledo. Concelleiro de medio ambiente do concello de Boiro. Descargar (3,82 Mb)
  • Orzamentos participativos na xestión ambiental no concello de San Sadurniño. Secundino García Casal. Alcalde do concello de San Sadurniño. Descargar (1,42 Mb)
  • O Proxecto Mandeo. Proxecto de desenvolvemento a través da educación ambiental, dinamización turística, e rexeneración ambiental do río . Jerónimo Puertas. Proxecto Mandeo. Deputación da Coruña. Descargar (3,91 Mb)

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio