• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

I Foro de Xóvenes na Rede Española de Reservas de Biosfera

Vostede está aquí

I Foro de Xóvenes na Rede Española de Reservas de Biosfera
Data
mércores, 23 Outubro, 2019 a venres, 25 Outubro, 2019
Lugar
  • Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
  • Pazo de Mariñán.
  • Complexo Xuvenil de As Mariñas.
Organiza

Foro de Jóvenes de la Red Española de Reservas de la Biosfera.

Colabora
  • Red Española de Reservas de Biosfera.
  • Comité Español del Programa MaB.
  • Organismo Autónomo de Parques Nacionales, Ministerio para la Transición Ecológica.
  • Xunta de Galicia.
  • Deputación da Coruña.
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
  • CEIDA.
Obxectivos

No ano 2018 celebrouse o I Foro de Xóvenes da Rede de Reservas de Biosfera de Iberoamérica e o Caribe (IberoMAB) en Ecuador con presenza de representantes das Reservas de Biosfera españolas. É, neste contexto, cando xurde o compromiso de celebrar este I Foro de Jóvenes da Rede Española de Reservas de Biosfera, como unha oportunidade para coñecer, debater e compartir visións e compromisos futuros.

O I Foro de Xóvenes da Rede Española de Reservas de Biosfera reunirá a 39 participantes procedentes de 29 Reservas de Biosfera de todo o estado. O foro pretende:

  • Elaboración dunha Declaración da Xuventude da Reserva de Biosfera.
  • Elaboración dun Plan de Acción da Xuventude na Rede Española de Reservas de Biosfera.
  • Fomentar o coñecemento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e como poden contribuir as Reservas de Biosfera a alcanzalos.
  • Aumentar a participación da Xuventude mas Reservas de Biosfera Españolas.
  • Seleccionar a un representante ou representantes da Xuventude das Reservas de Biosfera Españolas.
  • Construir e reforzar as canles de comunicación coa Xuventude .
  • Empoderar á Xuventude.
Información adicional
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas