• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Interpretación temática en espazos naturais protexidos

Vostede está aquí

Interpretación temática en espazos naturais protexidos
PRAZAS ESGOTADAS!
Data
luns, 8 Febreiro, 2021 a venres, 12 Marzo, 2021
Lugar

Actividade online

Organiza
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
Obxectivos

A interpretación, como metodoloxía para comunicar os valores e a importancia do patrimonio, parte dun concepto metodolóxico básico, o "tema", concepto que habitualmente presenta dificultades para a súa formulación e aplicación. A finalidade deste curso é expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan desta disciplina unha metodoloxía idónea para conectar co público que visita os espazos naturais, poñendo especial énfase nesta idea central que denominamos "tema interpretativo". Outros conceptos como "provocación do pensamento", "relevancia" e "amenidade" tamén contribúen a mellorar a efectividade das accións de medicación e posta en valor do patrimonio visitable.

  • Obxectivo xeral: coñecer a metodoloxía da interpretación temática como estratexia de comunicación do patrimonio en contornas non formais.
  • Obxectivos específicos: ao finalizar o curso, as persoas participantes serán capaces de:
    • Analizar o recurso patrimonial identificando conceptos tanxibles e intanxibles para unha comunicación máis efectiva.
    • Empregar a metodoloxía T.O.R.A. (de Sam Ham) para elaborar mensaxes interpretativas.
    • Desenvolver produtos interpretativos a partir da definición dun "tema interpretativo".
Dirixido a
  • Persoas que traballen ou desexen traballar na interpretación e presentación do patrimonio ao público nos espazos naturais protexidos (guías, especialistas en museografía, educación ambiental, etc.).
  • Profesionais e estudantes nos ámbitos do turismo, xestión cultural e medio ambiente.
Imparte

Jorge Morales Miranda, intérprete do patrimonio, consultor e docente nesta materia. Experto en metodoloxía para a interpretación do patrimonio.

Características
  • 35 horas.
  • Plataforma Moodle.
  • 5 unidades didácticas con exercicios prácticos.
  • Charlas semanais en directo.
  • Titorías persoais e seguimento personalizado.
  • Foro de dúbidas e cuestións xerais.
  • Idioma: español.
  • Diploma acreditativo.
Contidos
  • Unidade Didáctica 1. Introducción:
    • O contexto da interpretación.
    • Finalidades e definicións.
    • Os principios de Freeman Tilden.
    • Interpretación secuencial e non secuencial
  • Unidade Didáctica 2. Metodoloxía da interpretación:
    • Os tres pilares da interpretación:
      • O Recurso.
      • O Público Visitante.
      • As Técnicas.
    • Fundamento metodolóxico para a interpretación: o modelo TORA de Sam Ham:
      • Temática.
      • Organizada.
      • Relevante.
      • Amena.
    • A mensaxe “interpretativa”.
  • Unidade Didáctica 3. Interpretación guiada :
    • O proceso da interpretación para deseñar produtos interpretativos:
    • A interpretación guiada.
      • Recomendacións para o deseño.
      • Recomendacións  para a execución do percorrido.
  • Unidade Didáctica 4. Interpretación autoguiada:
    • Carteis e exhibicións interpretativas.
      • Recomendacións  para o deseño.
  • Unidade Didáctica 5. Avaliación de produtos e servizos interpretativos.
    • Avaliación  de produtos interpretativos, incluído o “tema”.
    • Avaliación  do impacto no público: o procesamento do “tema”.
Inscrición

PRAZAS ESGOTADAS!

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio