• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Naturezas Fotográficas Urbanas: Conferencia Master Class a cargo de Javi Puertas + Xincana fotográfica

Vostede está aquí

Naturezas Fotográficas Urbanas: Conferencia Master Class a cargo de Javi Puertas + Xincana fotográfica
Data
sábado, 4 Abril, 2020
Lugar
  • Conferencia Master Class: Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Xincana fotográfica: Contorna da Illa de Santa Cruz (Oleiros)
Organiza

CEIDA

Obxectivos
  • Poñer en valor a través da fotografía a natureza máis próxima e accesible, as naturezas urbanas.
  • Mostrar algunhas técnicas fotográficas e compositivas para abordar fotográficamente distintos elementos do patrimonio natural e cultural.
Dirixido a

Todos os públicos

Imparte

Javi Puertas, xeógrafo e fotógrafo de territorios e natureza, especialista en espazos naturais protexidos e educación ambiental. Desenvolve a súa actividade profesional dende fai 20 anos no campo dos espazos naturais e a conservación da natureza na Oficina Técnica de EUROPARC-España, principal foro profesional das áreas protexidas, centrando a súa labor no ámbito da comunicación.

É director da Aula de Fotografía de Humanes de Madrid, onde imparte diferentes niveis formativos dende fai casi 10 anos. Da man de diferentes entidades - dende parques naturais e centros de educación ambiental, pasando por concellerías de cultura e medio ambiente-, e aunando a súa experiencia no mundo da conservación e na didáctica da arte fotográfica, organiza e desenvolve todo tipo de cursos e actividades de sensibilización cidadá a través da fotografía: obradoiros formativos de fotografía de natureza, concursos de fotografía, safaris fotográficos, testing fotográficos, convocatorias de exposicións...

Entre os proxectos formativos coordina as edicións desenvolvidas dende 2015 do curso Actividades Fotográficas en Espazos Naturais, organizado pola Fundación Interuniversitaria Fernando González Bernáldez para los espacios naturales e EUROPARC-España, coa colaboración doutras entidades e da Aula de Educación Ambiental de Pozuelo de Alarcón.

Durante os últimos anos impartiu por diferentes lugares da nosa xeografía a serie de conferencias e seminarios NATUREZAS FOTOGRÁFICAS, apostando por unha fotografía na que se maximice a vivencia fotográfica e se minimicen os impactos na contorna, apostando polo desenvolvemento creativo inspirado no patrimonio natural e cultural asociado. Recentemente formulouse unha derivada do proxecto co foco posto nas NATUREZAS FOTOGRÁFICAS URBANAS, na natureza máis próxima das nosas cidades e contornas urbanas.

As súas exposicións levan anos pululando polos nosos espazos naturais, os seus pobos e cidades. Entre outros proxectos expositivos recentes destaca a exposición Naturales Fotográficas, unha extensión do proxecto do mesmo nome referido, e as exposicións Nuestros Parques: Territorios Fotográficas y Naturaleza y Cultura, y viceversa.

Desenvolve unha intensa actividade no movemento asociativo. É membro do Comité de Conservación da Asociación Española de Fotografía de Natureza, a cuxa xunta directiva pertence dende 2019. É tamén socio da Asociación Biodiversidad Virtual e da Asociación Confines Fotográficos.

Programa

9.30 - 10.00 h. Recepción de participantes.

10.00 - 12.00 h. Conferencia Master Class NATUREZAS FOTOGRÁFICAS URBANAS. D. Javi Puertas 

12.00 - 15.00 h. XINCANA FOTOGRÁFICA na contorna da Illa de Santa Cruz. 

14.00 - 17.00 h. Entrega de fotografías.

17.30 - 18.00 h. Visionado de fotografías, entrega de premios.

Bases da Xincana Fotográfica
  • Presentación
    • As persoas participantes tomarán as fotografías na contorna da Illa de Santa Cruz en horario de 12 a 15 h do sábado 4 de abril.
    • Os motivos fotográficos nos que se centrará a xincana faranse públicos no inicio da proba fotográfica sobre o terreo. 
    • As fotografías realizaranse con cámaras fotográficas dixitais. Non se admitirán fotografías realizadas co teléfono móbil.
    • Non se admitirán fotografías tomadas fóra do horario establecido.
  • Como participar
    • Poderán participar todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos.
    • Non poderá participar persoal da organización, representantes designados de entidades colaboradoras, nin os membros do xurado.
  • Entrega das fotografías
    • Só se poderá presentar 1 fotografía por cada un dos motivos da xincana en fotmato JPG, en tarxeta de memoria, que só poderá conter as fotografías que se presenten ao concurso..
    • Non se permitirá ningunha edición das fotografías en cámara.
  • Fotografías gañadoras da xincana
    • Mellor serie fotográfica.
    • Mellor fotografía de cada un dos motivos fotográficos.
    • Mellor fotografía do concurso.
  • Premios

          Os gañadores recibirán un diploma, as súas fotografías faranse públicas no sitio web do CEIDA e nas súas redes sociais, e recibirán os seguintes premios: 

  • 3 libros de natureza.
  • Colección de pósters de parques nacionais.
  • Camiseta.
  • Gorra.
  • Libreta .
  • Bote de lápices.

          Ademáis, todos os asistentes á xincana serán obsequiados pola súa participación, e poderán recibir un exemplar da revista  IRIS  de AEFONA.

  • Xurado

         O xurado estará composto por persoal do CEIDA e por Javier Puertas Blázquez. Poderán invitar a participar como xurado a algunha persoa de recoñecido prestixio na área da cultura, a comunicación e a fotografía. 

  • Propiedade das fotografías

        Os dereitos de autor das fotografías premiadas seguirán estando en posesión do mesmo. As fotografías premiadas poderán ser obxecto de utilización polos organizadores sen limitación de tempo ou lugar nas actividades relacionadas coa xincana. Dita utilización non implica pago algún          aos autores das obras. A autoría das fotografías empregadas sempre estará identificada.

  • Código ético

        A organización resérvase o dereito de excluir do concurso as fotografías que considere realizadas mediante accións que vaian en contra da conservación do patrimonio natural e cultural onde se realizaron e, en particular, esixirase a consideración do código ético de  AEFONA,  co fin de      garantir unha relación respectuosa dos fotógrafos cos espazos onde desenvolven a súa actividade.

  • Aceptación das bases

        A participación no concurso implica a aceptación e conformidade co disposto nestas bases por parte dos concursantes. Nas cuestións non previstas nas mismas, a organización poderá adoptar as solucións que consideren máis xustas e adecuadas.

Inscrición
  • Cota de inscrición: 10 €
  • Prazas limitadas por riguroso orde de inscrición.

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas