• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Obradoiro 'Cienciación: introdución á divulgación científica'

Vostede está aquí

Obradoiro 'Cienciación: introdución á divulgación científica'
Prazas limitadas!
Data
sábado, 26 Novembro, 2022
Horario

11 a 14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
Obxectivos

Obradoiro práctico de introdución á divulgación científica apoiada en técnicas docentes, onde as persoas participantes poderán:

  • Coñecer que é e para que sirve a divulgación científica.
  • Coñecer e traducir a información técnica dispoñible.
  • Aplicar o aprendizaxe significativo para a transmisión da mensaxe.
  • Aplicación lúdica do contido.
Dirixido a

Profesionais da educación ambiental e animación sociocultural, informadores/as culturais, persoal técnico de medio ambiente, guías, persoal docente, público xeral interesado.

Imparte

Uxía Cancela González, bióloga e docente. Monitora de medio ambiente e divulgadora cultural.

Contidos
  • Pero isto… que é? que é a divulgación científica e para que serve. Importancia e referentes.
  • Como cho explico… Diferencias no enfoque artigo científico vs artigo de divulgación.
  • Entendámosnos. Non só é enviar unha mensaxe. Casos prácticos, canais, concepto de aprendizaxe significativo.
  • Mans á obra. Comezar a divulgar. A maldición do coñecemento: accións e sinerxias, que nutran os proxectos.
Inscrición
  • Inscrición gratuita.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio