• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

UICN, Sete Décadas de Traballo Pola Conservación: a Defensa do Patrimonio Natural

Vostede está aquí

UICN, Sete Décadas de Traballo Pola Conservación: a Defensa do Patrimonio Natural
DISPOÑIBLES PONENCIAS PDF!
Data
venres, 6 Outubro, 2017
Horario
  • 10 a 14 h.
  • 17 a 18.30 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • Comité Español da UICN
  • CEIDA
Obxectivos

Desde a súa fundación en 1988, o Comité Español de Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) tivo entre as súas metas fundamentais a difusión de coñecemento e a influenza nos marcos reguladores do ámbito da conservación, tanto a escala nacional como internacional. 

Entre as súas principais liñas de actuación, destaca a comunicación, a difusión de boas prácticas e o intercambio do coñecemento, e neste marco, xurde a necesidade de organizar esta xornada, co obxectivo de crear o escenario idóneo para que os propios membros do Comité Español da UICN poidan presentar ás institucións que representan e divulgar o traballo que están levando a cabo en materia de conservación, os seus obxectivos, os seus procesos de gobernanza e participación, as súas dificultades, e a exposición dos seus resultados.

Esta xornada dará a oportunidade tamén para coñecer aos membros recén incorporados ao Comité Español, concretamente en Galicia, á Xunta de Galicia como membro de UICN global e, próximamente, membro do Comité Español, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

En definitiva, este foro internacional pretende reflexionar e debater sobre o futuro da conservación, así como dar a coñecer a axenda da Unión Internacional para a Conservación da Natureza nos vindeiros anos. Trátase, ademáis, dunha ocasión única para coñecer e presentar o que se está a facer neste eido, tanto desde as entidades públicas, as empresas privadas como as ONGs.

Dirixido a

Responsables políticos e técnicos ambientais das Administracións locais e Autonómicas; responsables e persoal técnico implicados na xestión da conservación e espazos naturais; persoal técnico dos grupos de desenvolvemento rural, Grupos de Acción Local de Pesca e outras entidades locais; educadores ambientais, naturalistas, biólogos; profesionais e público xeral interesado.

Contidos

10.00 – 10.30 h. Inauguración:

  • Dna. Beatriz Mato Otero, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de la Xunta de Galicia.
  • D. Julio E. Abalde Alonso, Reitor da Universidade da Coruña.
  • D. Ángel García Seone, Alcalde do Concello de Oleiros.

 

10.30 – 12.00 h. Bloque I: Representación institucional de UICN:

  • A axenda de conservación para o século XXI. D. Ali A. Kaka, Vice-Presidente de IUCN.
  • A importancia da cooperación internacional na conservación. D. Antonio Troya, Director do Centro de Cooperación del Mediterráneo da UICN.
  • O papel do Comité Español de UICN. D. Juan Antonio López, Presidente do Comité Español de UICN.

 

12.00 – 12.30 h. Pausa – Café

12.30 – 14.00 h. Bloque II: O papel das fundacións: 

  • Conservación da biodiversidade. D. Ignacio Torres Ruíz-Huerta, Subdirector da Fundación Biodiversidad.
  • O traballo das fundacións privadas na conservación do patrimonio natural. D. Roberto Lozano Mazagatos. Asociación de Fundaciones para la Conservación de la Naturaleza (AFN). Fundación Oxígeno.
  • A gobernanza dos océanos. D. Antonio García Allut, Presidente da Fundación Lonxanet.
  • A custodia do territorio. D. Miquel Rafa, Director de Territorio y Medio Ambiente da Fundació Catalunya-La Pedrera.

 

17.00 – 18.30 h. Bloque III: O papel das administracións:

  • O papel da administración xeral do Estado na conservación da biodiversidade. D. Miguel Aymerich Huyghues-Despointes, Subdirección General de Medio Natural, Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente.
  • Rede de Espazos Naturais en Andalucía. D. José Luis Hernández Garijo, Viceconsejero de Medio Ambiente y Ordenación del territorio, Junta de Andalucía.
  • O papel da administración local na conservación da naturaleza. D. Raúl Jiménez Jiménez, Teniente de Alcalde e Delegado de Sostenibilidad Medioambiental do Concello de Málaga.
Inscrición
  • Asistencia de balde
  • Prazas limitadas
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas