• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

V Encontro Internacional do Lixo Mariño: Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world

Vostede está aquí

V Encontro Internacional do Lixo Mariño: Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world
Encontro online
Data
mércores, 30 Setembro, 2020 a venres, 2 Outubro, 2020
Horario

De 10 a 12 h.

Lugar

A través da canle de Youtube do CEIDA: 

Organiza
  • Mar de Fábula.
  • RetoqueRetro.
  • CEIDA.
Colabora
  • Deputación da Coruña.
  • Gadis.
  • GALP Golfo Ártabro.
  • WE Sustainability project.
Obxectivos

Quinta edición do encontro internacional do lixo mariño, onde se falará das crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. Temos a certa experiencia de que á sociedade non lle gusta mirar de fronte esta realidade a menos que se faga algo bonito e extraordinario co lixo. E o firme convencemento de que os obradoiros artísticos con lixo mariño son unha magnífica experiencia sensorial que facilita moito a comprensión e sensibilización a cerca desta problemática.

Dirixido a

Todos os públicos.

Metodoloxía
  • MÉRCORES, 30 DE SETEMBRO, 10 a 12 h.
    • Benvida aos participantes.
    • Centro de actividades ambientais de Mar de Fábula en Camelle: unha realidade. Xosé Manuel Barros e Kika V. Ramil. Asociación Mar de Fábula (Galicia).
    • En defensa da arte do medio mariño. Javier Serantes. Asociación RetoqueRetro (Galicia).
    • WE - Rethink Globally, Act Locally. Óscar Vales. WE Sustainability project (Galicia).
    • Invasión do lixo e subida do mar. A xuventude actúa. Ana Baneira. Fridays for Future Coruña (Galicia).
  • XOVES, 1 DE OUTUBRO, 10 a 12 h.
    • Os plásticos na fauna mariña. Alfredo López. Presidente da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños - CEMMA (Galicia).
    • Pescando alternativas: os bens comúns azuis.Paula Barbeito. Slow Food Foundation for Biodiversity. Slow Fish Campaign (Italia).
    • O mito da reciclaxe escóndese en Asia. O caso de Malasia. María Marcos. Wildlife Biology, Environmental Journalist, Natural Guide (Malasia).
    • Sistemas de depósito para recuperar envases reutilizables. Ana Gutiérrez e Domingo Jiménez Beltrán. RETORNA (Cataluña-Italia).
  • VENRES, 2 DE OUTUBRO, 10 a 12 h.
    • A importancia de compartir a información e experiencia. Actuar local é actuar global. Simão Acciaioli. Brigada do Mar (Portugal).
    • Ocean Plastic Tracker. Lionel Lucas. Association Ansel (Bretaña).
    • Lixo sonoro, percusión con material reciclado. Fernando García Conde “Percu”. Biólogo e músico sevillano, fundador e director da escola LATIDOS (Andalucía).
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas