• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornada online Ferramentas para Adaptación ao Cambio Climático

Vostede está aquí

Xornada online Ferramentas para Adaptación ao Cambio Climático
PRAZAS ESGOTADAS!
Data
xoves, 8 Abril, 2021
Horario

9.30 - 12.30 h.

Organiza
  • Fundación Biodiversidad
  • Oficina Española de Cambio Climático do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
Colabora
  • Xunta de Galicia
  • CEIDA
Obxectivos

No marco do proxecto  LIFE SHARA  (“Sensibilización e Coñecemento para a Adaptación ao Cambio Climático”) convócase esta 1ª xornada específica sobre “Ferramentas para a Adaptación ao Cambio Climático” cun enfoque rexional en zoom formato webinar. LIFE-SHARA é un proxecto que está coordinado polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico a través da Fundación Biodiversidad, e conta como socios coa Oficina Española de Cambio Climático, o Organismo Autónomo Parques Nacionales, a través do CENEAM, a Agencia Estatal de Meteorología e a Agência Portuguesa do Ambiente.

Esta xornada enmárcase dentro do obxectivo específico do proxecto de reforzar as capacidades da  Plataforma AdapteCCa  para fortalecer o seu papel na gobernanza da adaptación ao cambio climático en España. En concreto, pretende:

  • Dar a coñecer a importancia e relevancia da adaptación ao cambio climático.
  • Presentar un conxunto de recursos, útiles e prácticos para analizar os impactos potenciais derivados do cambio climático e definir medidas orientadas a evitalos ou limitalos.
  • Capacitar, a través de exercicios prácticos a análise de casos, para o uso adecuado dos recursos mostrados.
Dirixido a

Persoal responsable da xestión da administración pública, autonómica e local; persoal técnico e persoal investigador; representantes de ONGs; organizacións profesionais, etc.

Programa
  • 9:30 - 9:45 h. Benvenida institucional e presentación da xornada.
  • 9:45 - 10:10 h. Visión xeral do cambio climático / adaptación ao cambio climático / PNACC. Dna María Salazar. Oficina Española de Cambio Climático. Contexto internacional, respostas ao cambio climático, impactos, riscos e medidas de adaptación, Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030.
  • 10:10 - 10:35 h. Xestión do coñecemento en adaptación ao cambio climático / Plataforma AdapteCCa. Dna Ana Lancho. Fundación Biodiversidad. LIFE SHARA, presentación de AdapteCCa, contido e funcionalidades, coñecemento dispoñible e presentación de ferramentas.
  • 10:35 - 11:00 h. Visor de escenarios de cambio climático en AdapteCCa. Dna Mónica Sánchez. Oficina Española de Cambio Climático. Teoría sobre escenarios climáticos e visor.
  • 11:00 - 11:15 h Descanso.
  • 11:15 - 12:00 h. Adaptación ao cambio climático na rexión. Presentación de traballos, estudos, ferramentas e iniciativas de interese na rexión:
    • Galicia frente ao cambio climático. Dna. Sagrario Pérez Castellanos. Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático. Xunta de Galicia.
    • Descarboniza! Que non é pouco… Adaptación ao cambio climático a través da memoria colectiva. D. Miguel Pardellas Santiago, Universidad de Santiago de Compostela. Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA).
    • O traballo do CEIDA na adaptación ao cambio climático. D.Carlos Vales Vázquez, Director dp Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
    • 12:00 - 12:30 h Preguntas e conclusións.
Inscrición

AS PRAZAS PARA ESTA ACTIVIDADE ESTÁN ESGOTADAS

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio