• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Sabedoría e Intelixencia Colectiva (Módulo 4. Xestión e Facilitación de Grupos)

Vostede está aquí

Sabedoria e intelixencia colectiva curso basico facilitacion grupos CEIDA
Data
venres, 15 Marzo, 2013 a domingo, 17 Marzo, 2013
Horario

Venres 15: de 16 a 20 h.
Sábado 16: de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.
Domingo 17: de 10 a 14 h.
As personas que están matriculadas no curso completo traballarán no seu proxecto personal tamén o domingo de 16 a 20 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Instituto de Facilitación y Cambio (IIFAC-E); Academia de Permacultura NodoEspiral

Obxectivos

Ás veces nos grupos vivimos momentos de creatividade, onde todo flúe, as pezas encaixan perfectamente, onde cada persoa é capaz de aportar todo o seu potencial e o resultado vai moito máis aló do que cabería esperar da "suma" de cada unha das persoas do grupo. Neste curso veremos ferramentas para facer destes momentos algo máis habitual, para extraer o máximo de potencial e creatividade dos grupos cos que traballamos.

Imparte

César Fernández Pérez. Membro de IIFAC-E (Instituto Internacional de Facilitación e Cambio).

Descrición

A educación ambiental, ferramenta necesaria para alcanzar unha sociedade sustentable, ten na participación social e na organización comunitaria firmes alicerces para as transformacións sociais que se perseguen.
Este curso específico sobre Sabedoría e Intelixencia Colectiva é un dos módulos incluídos dentro dun programa formativo máis amplio sobre xestión e facilitación de grupos.

Ver programa completo do curso de Xestión e Facilitación de Grupos

Inscrición

Prezo: 75€

Máis información
formacion@ceida.org - 981 630 618

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas