• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornadas Abandono e Adopción en Galicia

Vostede está aquí

Xornadas Abandono e Adopción en Galicia
Data
sábado, 31 Outubro, 2015
Horario

10-14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

APADAN, CEIDA

Colabora

Clínica del Sol, Etogaia

Obxectivos

A Asociación Protectora de Animais Domésticos Abandonados do Noroeste (APADAN) é unha entidade sen ánimo de lucro que leva traballando na protección dos animais domésticos e a loita contra o abandono desde o ano 2000. Mantén un refuxio no Concello de Culleredo con 120 cans aos que coida e atende co único obxectivo de atoparlles un novo fogar. A protectora continúa a labor da coruñesa Matilde Figueroa e este ano cumpre 15 anos protexendo e buscando fogar aos cans abandonados que recolle de todo o territorio galego.

Estas primeiras xornadas pretenden:

  • Dar a coñecer a problemática do abandono de animais en Galicia.
  • Fomentar a tenza responsable e a adopción de animais abandonados como a mellor opción alternativa á compra.
Dirixido a

Todos os públicos interesados

Contidos
  • 10 h. Recepción de participantes
  • 10.15-11 h. O abandono e a adopción de animais en Galicia. Tenza responsable. María Díaz de Piñeiro. Presidenta da Asociación Protectora de Animais APADAN
  • 11-11.45 h. A esterilización de animais como principal medida de loita contra o abandono. Ana Julia Harfuch. Veterinaria Clínica do Sol.
  • 11.45-12.15 h. Pausa
  • 12.15-13 h. A chegada a casa do can adoptado. Orientacións básicas. Noelia Iglesias Dans. Veterinaria especialista en comportamento canino e felino. Etogaia
  • 13-14 h. Ronda de preguntas e suxestións
Inscrición

A inscrición precisa o pago dunha pequena cuota que será destinada íntegramente ao mantemento do refuxio de cans que APADAN mantén no concello de Culleredo:

  • 10 € (público xeral)
  • 6€ (socios e colaboradores de APADAN)
  • Os menores de idade non pagan cuota, pero sí é necesario que envíen o formulario de inscrición.

As prazas son limitadas

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas