• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso de Introdución ao Estudo dos Quirópteros: manexo e metodoloxías prácticas

Vostede está aquí

Curso de Introdución ao Estudo dos Quirópteros CEIDA
Data
venres, 20 Maio, 2016 a domingo, 22 Maio, 2016
Horario

O curso desenvolverase en 20 horas, distribuídas en sesións de 6 horas a tarde do venres, 9 horas durante o sábado, e 5 horas o domingo pola mañá:

  • Venres 20: de 19 a 1 h. Aula de Natureza de Chelo
  • Sábado 21: de 10 a 1 h. Castelo de Santa Cruz. Aula de Natureza de Chelo
  • Domingo 22: de 10 a 15 h. Aula de Natureza de Chelo
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Aula da Natureza de Crendes, Encoro de Abegondo-Cecebre

Organiza

CEIDA, BioLearn

Colabora

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Obxectivos

O curso introduce ao manexo das diversas metodoloxías utilizadas para o estudo de quirópteros. O coñecemento destas é fundamental para abordar calquera estudo ou seguimento ambiental que inclúa estas especies.

Dirixido a

O curso está dirixido a profesionais do Medio así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben, toda aquela persoa interesada na temática pode participar. Non son necesarios coñecementos previos.

Metodoloxía

Abordarase desde unha perspectiva eminentemente práctica apoiada nunha exposición de contidos teóricos. Será o alumno/a quen toma o papel activo a través das ferramentas, técnicas e equipos necesarios para o estudo dos quirópteros.

Imparte

Xosé Pardavila e Adrián Lamosa (www.biolearn.org)

Inscrición
  • 95 €
  • Prazas limitadas
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas