• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Fotografía baixo as estrelas: Obradoiro de Iniciación á Astrofotografía de Paisaxe

Vostede está aquí

Fotografía baixo as estrelas: Obradoiro de Iniciación á Astrofotografía de Paisaxe CEIDA
Data
sábado, 9 Xullo, 2016 a domingo, 10 Xullo, 2016
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA, Enfoque Nocturno

Obxectivos

Emocionar e divertirnos son as consignas deste obradoiro, que pretende aportar os coñecementos necesarios para defenderse nunha noite de fotos
e para incluir nas nosas paisaxes ceos estrelados. Pero principalmente, gañar afeccionados á astrofotografía de paisaxe.
A experiencia convertirase nunha iniciación perfecta á fotografía en xeral e, especialmente, á fotografía nocturna.

Dirixido a

Afeccionados ou profesionais da fotografía, ou á observación astronómica, con interese en introducirse na fotografía nocturna ou na astrofotografía de paisaxe.

Imparte

Daniel Llamas e Daniel Lois, membros de Enfoque Nocturno, colectivo de referencia en Galicia para astrofotografía de paisaxe (www.enfoquenocturno.es)

Contidos

Sábado 9 de xullo, de 16:30 a 22 h.

  • Equipo recomendado.
  • Preparación da saída.
  • Iniciación á Astronomía.
  • Teoría de exposición.
  • Enfoque sen luz.
  • Composición sen luz.
  • Conceptos de iluminación.
  • Configuración recomendada do equipo.
  • Exemplos detallados de fotos segundo tipo e condicións.

Sábado 9 de xullo, de 22 h. en adiante

  • Práctica en campo. Saída a fotografar paisaxes con estrelas

Domingo 10 de xullo, de 11:30 a 14 h.

  • Revelado básico con Adobe Ligthroom.
  • Montaxe de Circumpolar.
  • Sesión conxunta de crítica construtiva
Requisitos

Dispoñer dunha cámara (compacta ou réflex) con 30” de obturación como mínimo, modo manual e un trípode.

Descrición

* No caso de que a meteoroloxía non permita realizar a saída a campo a noite do sábado 9 (ceos cubertos ao 100% toda a noite ou choiva, a actividade será trasladada á seguinte fin de semana.

Inscrición
  • Prezo de matrícula: 75 €
  • Prazas limitadas
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas