• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Básico de Facilitación de Grupos 2016-2017 - 5ª edición

Vostede está aquí

Curso Basico Facilitacion Grupos 5 edicion CEIDA
Data
sábado, 1 Outubro, 2016 a venres, 30 Xuño, 2017
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)

Obxectivos

A facilitación é unha disciplina innovadora cuxa finalidade é axudar aos grupos a volverse máis efectivos. Mediante un conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas, o facilitador/a traballa para crear as condicións que permitan o desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais, tanto na consecución dos seus obxectivos e realización da súa visión, como na creación dun clima onde reine a confianza e a comunicación fluida, empática e honesta.

Este curso axudarache a mellorar os espazos de reunión e toma de decisións, a creatividade e intelixencia colectiva, a comunicación, a xestión de conflitos, as dinámicas de poder e liderado, ou a xestión emocional grupal, entre outros moitos aspectos.

Dirixido a

Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.

Interésache se...

  • parte do teu tempo o pasas en grupos de calquera tipo.
  • traballas en equipo e/ou organizacións sociais.
  • queres mellorar a participación na túa organizacion.
  • queres aprender a xestionar os confitos grupais.
  • queres explorar outros xeitos relacionarte contigo mesm@, co@s demáis e coa túa contorna.
Imparte
  • César Fernández Pérez (Coordinador) IIFAC-E
  • Mireia Parera Puigdomènech. IIFAC-E
  • Conchi Piñeiro. IIFAC-E. Altekio Soc.
  • Anna Pujol Villarroya. IIFAC-E. DDX
  • Verónica Campos. IIFAC-E
Contidos
  • 21-23 outubro. Introdución aos procesos grupais. O rol do facilitador/a
  • 25-27 novembro. A comunicación como proceso de aprendizaxe grupal
  • 20-22 xaneiro. Traballar coa diversidade. Liderado e relacións de poder nos grupos
  • 17-19 febreiro. Sabedoría e intelixencia colectiva
  • 24-26 marzo. Do individual ao colectivo. A xestión das emocións nos grupos
  • 28-30 abril. Gobernanza e toma de decisións
  • 26-28 maio. Resolución de conflitos. Habilidades e Metahabilidades para facilitar en equipos e organizacións
  • 16-18 xuño. Creatividade, traballo en equipo e desenvolvemento de proxectos
Inscrición

A inscrición pode realizarse por curso completo ou por módulos de maneira independente.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas