• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

O mar e a costa, recursos valiosos para todos

Vostede está aquí

Programa educacion ambiental o mar e a costa CEIDA
Lugar

Monumento Natural Costa de Dexo (Oleiros). Espazo protexido incluido na Rede Natura 2000

Obxectivos

Nas últimas décadas a costa galega está sufrindo unha gran presión que ameaza con destruír os seus valores e as súas riquezas naturais. O urbanismo agresivo, os verquidos incontrolados, a sobreexplotación dos recursos, a destrución de hábitats... poñendo en perigo a impresionante riqueza biolóxica que albergan as nosas costas. Mais aínda así, a costa galega ten un interese natural moi destacado, con moitos espazos litorais e mariños de alto valor ecolóxico que cómpre protexer de xeito especial. 28 espazos naturais costeiros foron obxecto de protección legal, algúns son ben coñecidos como o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, ou a Costa da Morte. Un deles é a Costa de Dexo, situado no Concello de Oleiros,e declarado Monumento Natural no ano 2000. Representa un lugar de grande importancia ecolóxica, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats como pola súa xeomorfoloxía e paisaxe.

Obxectivo xeral

  • Dar a coñecer os valores naturais e culturais da nosa costa para que os participantes adopten actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable.

Obxectivos específicos

  • Analizar as problemáticas ambientais da beiramar galega, a súa causalidade, efectos e axentes involucrados, entendendo a súa complexidade.
  • Ser conscientes dos valores naturais e culturais que se agochan na nosa beiramar e, en concreto, no Monumento Natural Costa de Dexo (Oleiros).
  • Descubrir as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido, recoñecendo e defendendo as súas limitacións de uso, como necesarias para a conservación e como potenciais para o desenvolvemento dunha nova relación co medio máis respectuosa e sostible.

 

Dirixido a

Alumnos e alumnas de Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos de toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos
  • Espazos Naturais Protexidos
    • Rede Natura 2000
    • Rede Galega de Espazos Protexidos
    • Áreas Mariñas Protexidas
    • Oportunidades destes espazos
  • Amenazas e impactos do Litoral Galego e dos Espazos Naturais Protexidos
  • Monumento Natural Costa de Dexo
    • Valores naturais, patrimoniais e paisaxísticos
    • Aproveitamentos tradicionais, actuais do Monumento Natural. Outros aproveitamentos que permitan o uso sustentable do Monumento Natural e en xeral dos espazos naturais

* Contidos adaptados ás idades dos participantes

Actividades
  • Visita á Aula do Mar e Faros de Mera, Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo: a Aula do Mar - Centro de recepción de Visitantes- convértese hoxe en día na entrada case obrigada ao Monumento Natural Costa de Dexo. A antiga vivenda do fareiro alberga unha exposición de paneis e proxeccións audiovisuais que nos aportan unha visión global dos valores naturais, patrimoniais, económicos e paisaxísticos da costa galega.
    • Datas: durante todo o ano
    • Duración: 1 hora
    • Número de participantes:
      • Mínimo: 15
      • Máximo: 25
    • Custe da actividade: 1 € / participante

 

  • Roteiro polo Monumento Natural Costa de Dexo: enclave protexido onde se pode observar a entrada ás rías do golfo Ártabro: A Coruña, Ares-Betanzos e Ferrol, e lugar onde gozar da paisaxe que nos ofrecen os cantís, mostra inequívoca da bravura do noso mar.
    • Datas: durante todo o ano.
    • Duración: 2 horas e media
    • Custe da actividade: 1 € / participante
    • Número de participantes: 
      • Mínimo: 15
      • Máximo: 50

 

  • Visita aula + Roteiro. Combinación das dúas actividades anteriores. 
    • Datas: durante todo o ano.
    • Duración: 3 horas e media.
    • Número de participantes: 
      • Mínimo: 15
      • Máximo: 50 
    • Custe da actividade: 1 € / participante
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas