• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

A illa de Santa Cruz, un rico patrimonio natural e histórico

Vostede está aquí

Programa Educacion Ambiental a Illa de Santa Cruz CEIDA
Lugar

Illa e Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Dirixido a

Alumnos e alumnas de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato ou Ciclos Formativos de toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Descrición

A Illa de Santa Cruz conta cun rico patrimonio natural e cultural froito principalmente da súa localización, un illote no interior da ría da Coruña. Na súa contorna atópase un ecosistema de enorme riqueza propio das zonas litorais, que xunto coa situación estratéxica constitúe un espazo único que permite traballar coa comunidade escolar temáticas relacionadas coa biodiversidade da costa galega ou os impactos ambientais que actualmente esta a sufrir, entre outros moitos temas.

Este rico patrimonio natural combínase coa peculiar historia do Castelo de Santa Cruz, que a longo de catro séculos, foi e é un baluarte de “defensa”: defensa da cidade da Coruña dos ataques navais dos corsarios ingleses; defensa da cultura a través da escritora Emilia Pardo Bazán, propietaria da illa; ou defensa do medio ambiente como centro de referencia en Educación Ambiental en Galicia (CEIDA).

Durante o desenvolvemento da actividade, os participantes realizarán un percorrido pola historia da Illa, resaltando os elementos arquitectónicos e as personaxes que se corresponden coas diferentes etapas históricas, así como os elementos naturais máis sobresaíntes como as especies arbóreas do xardín, a vexetación autóctona, a riqueza ornitolóxica ou a orixe xeolóxica da illa.

  • Datas: durante todo o ano
  • Custe da actividade: 1€ / participante
  • Número de participantes:
    • Mínimo: 15
    • Máximo:  50
  • Duración: de 1 a 2 horas (o desenvolvemento e duración da actividade dependerá da climatoloxía, do número de participantes e da dispoñibilidade de tempo do grupo).
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas