• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Congreso Escolar RE-ACCIÓN, Ciencia, Investigación e Divulgación sobre Residuos

Vostede está aquí

Congreso Escolar RE-ACCIÓN, Ciencia, Investigación e Divulgación sobre Residuos CEIDA
Data
luns, 22 Abril, 2013 a martes, 23 Abril, 2013
Organiza

CEIDA

Patrocina

Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Economía y Competitividad

Obxectivos
  • Fomentar as vocacións científicas en mozos e mozas a través do contacto directo con investigadores e o coñecemento in-situ dos proxectos de investigación sobre residuos urbanos que se están desenvolvendo na Universidade da Coruña.
  • Inculcar nos mozos e mozas a importancia e a transcendencia do desenvolvemento I+D+I para a resolución dos desafíos que os residuos formulan na nosa sociedade a nivel ambiental, social e económico.
  • Impulsar o desenvolvemento de proxectos na comunidade educativa sobre residuos urbanos dende unha metodoloxía investigadora e innovadora que fagan atractivas as saídas profesionais para os estudantes neste campo e os acheguen á praxis científica.
  • Innovar na divulgación científica a través da creación de produtos dixitais sobre os residuos que teñan a súa orixe nos proxectos de experimentación científica desenvoltos polos centros educativos.
Dirixido a

Último ciclo de educación primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos de toda Galicia.

Centros participantes
  • Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo).
  • CIFP A Granxa (Ponteareas).
  • IES Maximino Romero de Lema (Baio – Zas)
  • CPI Os Dices (Rois)
  • CPI Cernadas de Castro (Lousame)
  • IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia)
  • Colexio Miraflores (Pereiro de Aguiar)
  • IES Carlos Casares (Viana do Bolo)

Acceder á publicación electrónica cos proxectos presentados no Congreso

Información adicional
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas