• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Exposición colectiva de fotografía: José Alberto García Barona e José López (Jolope)

Vostede está aquí

Exposicion fotografia Jose Alberto Barona Jolope CEIDA
Data
venres, 16 Decembro, 2016 a mércores, 22 Marzo, 2017
Lugar

Salas de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Autor/es

José Alberto García Barona e José López (Jolope)

Descrición
  • Exposición 'Galicia é auga'

Galicia é auga. Galicia é arte. E natureza. E moito máis. Mais se hai algo que define a esta terra e as súas xentes, é a auga. Cóbrenos, empápanos, discorre polas nosas contornas, rodéanos, respirámola, refléxanos e míranos á súa maneira... Achegarse a ela nas súas diferentes formas e mostrando a súa maior beleza, é o reto. Adéntrate e deixa que te cale pouco a pouco, pinga a pinga. Discorre descubrindo as diferentes caras que nos mostra a diario e sorpréndete coas sensacións que pode chegar a xerarnos coas olladas diferentes que sobre ela ofrece esta exposición. Cando saias mostrarase ante ti doutra maneira. Porque Galicia é isto: auga e vida.

O autor: José Alberto García Barona

Barona (Santiago de Compostela, 1975) fotógrafo autodidacta. Sinte auténtica paixón pola ciudade que lle viu nacer e os contrastes que esta presenta ao unir o pasado máis tradicional co futuro máis innovador. Buscador compulsivo de situacións e escenas que axuden a comprender e descubrir os rincós e as xentes que Galicia atesoura, atopa na naturaleza a base sobre a que cimentar todo. Namorado da auga e aas múltiples opcións que ofrece e, sobre todo, o modo que ten de reflexar a realidade dun modo diferente case enigmático. Afronta con esta perspectiva a súa segunda exposición para mostrar outra Galicia diferente, íntima, a que é punto de inicio e clave para comprender esta terra.

 

  • Exposición 'A rapa das bestas'

'A rapa das bestas' é un relato en imaxes, do lugar e os protagonistas, así como, de parte das accións que se levan a cabo nun “curro” durante a rapa. Están recollidas en Amil-Moraña (Pontevedra), Candaoso-Boimente-Viveiro (Lugo) e Sabucedo-A Estrada (Pontevedra). As imaxes tratan de reflectir agarimo, a valentía, a forza, a bravura… en definitiva, algúns dos momentos máis chamativos deste rito e costume ancestral trasladada aos nosos días.

O autor: José López (Jolope)

José López 'Jolope' (Touro, A Coruña, 1950) é mestre de profesión e autodidacta afeccionado á fotografía desde os 15 anos. Na etapa analóxica, década dos 80, no eido do ensino e en relación coa fotografía, comeza a impartir cursos-taller a alumnos/as e a un grupo de pais/nais.
Ao mesmo tempo, inicia a súa participación en certames fotográficos con variado éxito, e logra catalogar dous traballos, sobre “Artes y Tradiciones Populares” no Ministerio de Cultura. Así mesmo, catalogáronlle dúas obras na antiga Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, sobre Medio Ambiente.
Tamén realiza dúas exposicións individuais, unha en Santiago e outra en Ribeira (A Coruña), así como varias colectivas, nos lugares aos que presenta fotografías a Concurso (Santiago, Touro, Pontevedra, A Toxa…) e unha en Guernsey (R. Unido)
Destaca un traballo, con fotografías de Mosteiros de Galicia, para unha colección de “alba-relos” ou “botamen” en cerámica de Sargadelos para a Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Farmacia.
Por espazo de varios anos, deixa a súa actividade fotográfica. Pero co inicio da “era dixital” retoma a fotografía e conta con varios premios de carácter autonómico e nacional (Sabadell, Valladolid, Madrid, Huesca, Cuenca, Cáceres, Ourense, Ri-badavia, Touro, Porto do Son…).

Participa nun proxecto-publicación editorial de carácter autonómico (Diccionario Xeográfico Ilustrado de Galicia). Tamén participa, como poñente e autor, nunhas xornadas fotográficas en Mogadou-ro-Bragança-Rexión de Tras os Montes (Portugal).
Dúas exposicións individuais en Arzúa, de carácter etnográfico, sobre “o liño” e “o ciclo do pan” e outra en Santiago, no Museo do Pobo Galego, sobre “Os Xenerais da Ulla”, tamén de carácter etnográfico.
Participa en numerosas exposicións colectivas autonómicas e nacionais, correspondentes aos lugares aos que presenta fotos para Certames, destacando a súa participación no Festival Internacional de Avintes (Portugal) no ano 2014 cunha exposición de dezaseis fotografías sobre “A rapa das bestas” e as dúas colectivas realizadas en Porto (Portugal), de temática variada.

Nos últimos anos, colabora de maneira desinteresada con diferentes Federacións deportivas galegas: kárate, ximnasia, rugby, halterofilia… así como con algúns equipos de rugby, fútbol americano, ximnasia artística e rítmica… e, actualmente, entre outras cousas, colabora tamén de maneira desinteresada, con Santiago Turismo no eido dos “Xenerais da Ulla” ou “Alrededores de Santiago, Sorpréndete”.

Visitas

Horario

  • De luns a venres, de 9 a 14 h.
  • Sábados, de 11 a 14 h.

 

Entrada

  • De balde
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas