• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Berros no roncar das ondas

Vostede está aquí

Exposicion Berros no Roncar das Ondas CEIDA
Autor/es

Xacobe Meléndrez. Con versos de Bernardino Graña

Características da exposición
  • Realizada en Galicia (máis de 10 Concellos) e no Centro Fotográfico Can Bastè de Barcelona (12º Forum Fotográfic), consta de 16 lonas resistentes á intemperie, de 180 x 120 cm aproximadamente, con ollados para colgar de balcóns que den á rúa ou no interior de zonas concurridas.
  • A altura inferior recomendada é de 3 metros.
  • A mostra inclúe tamén un catálogo das fotografías con versos de Bernardino Graña.
Descrición

A costa, máis aló de marcar unha fronteira entre a terra e o mar, é metáfora e realidade do encontro entre o home e a súa contorna. Sinal de identidade da xeografía galega e paradigma do seu encontro coa sociedade. Alí onde rompen as ondas di o mariñeiro que o mar berra, e o noso poeta (Bernadino Graña) pon palabras aos seus bramidos de paisón, esperanza e denuncia. E cando o mar fala polos seus versos, encoraxado pola especulación, a contaminación ou o desleigamento, chama-­o o bardo para que asulague coma un tsunami esta especie esquilmadora, destrutora e egoísta, que só pensa no propio e no momento, desprezando a súa característica inicial de intelixencia coa que poder relacionar unha acción coa súa consecuencia a través do tempo.

A man do fotógrafo (Xacobe Meléndrez), a súa ollada, a súa mente, póñenlle imaxe ás iconas líricas, adoptando o punto de vista dese organismo vivo que é o océano. Estratexia que se demora na visión dunha paisaxe humanizada, para gloria e vergoña dos seus actores e sufridores a un tempo.

“Berros no roncar das ondas” tenta xuntar a voz do sentemento e a mirada para reforzar o seu inquerimento. Quen somos? O que facemos? Que ficará do noso paso fugaz no tempo? Vida, coma nós mesmos, ou morte como o resto do noso sen tempo.

Arte, nesta ocasión, cun alto contido de reflexión social e ambiental, e que propón unha analese crítica da relación entre a humanidade e o mar, a través dun achegamento sentimental, da man dunha plasticidade atractiva e dos versos que as acompañan. Este proxecto nasceu coa intención de conectar coa maior cantidade de público posible, indo na súa procura aos espazos de uso cotiá, achegando así a arte á xente.

Paneis

Panel 1. Berros no roncar das ondas  Panel 2. E escacho e fendo tolo por ver certo  Panel 3. Suba ao balón o mar  Panel 4. Veña esa curva dunha ola enorme

Panel 5. Cada mañán voarías máis que os merlos  Panel 6. Escoito. Escoito. Escoito  Panel 7. Gran bostada infernal para os hipócritas  Panel 8. Os que a ninguén aman

Panel 9. Homes tortos que nos guían  Panel 10. Non quedes co teu corpo así  Panel 11. E non aprendas mentiras  Panel 12. Quen vai construir...?

Panel 13. Se non queredes ser buguina  Panel 14. Non convén ter as testas...  Panel 15. Ferido o meu sal do sangue  Panel 16. Quedarei dereito teso

Técnica

Fotografías realizadas cunha cámara Canon G11 en carcasa mergullable, tomas directas en RAW, con revelado de baixa intensidade, non hai composición nin ningún tipo de collage, non son composicións de varias imaxes.

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).

* Consulta as  condicións  completas para a cesión temporal de exposicións.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas