• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Os ecosistemas dunares do litoral galego

Vostede está aquí

Exposicion Os Ecosistemas Dunares do Litoral Galego CEIDA
Produce

Federación Ecoloxista Galega (FEG)

Colabora

CEIDA

Características da exposición
  • 5 paneis de 116 cm X 100 cm explicativos sobre os ecosistemas dunares, especies máis habituais e as súas adaptacións, tipoloxías e impactos. Todos os paneis levan os seus propios soportes. O peso total da exposición é de 14 kg.
  • Unidade didáctica
  • CD-Rom interactivo
Descrición

Esta exposición é unha ferramenta didáctica orientada ao coñecemento e protección dos ecosistemas dunares galegos. Estes ecosistemas amosan unhas características ecolóxicas moi fráxiles e específicas e forman unha paisaxe moi valiosa dentro do noso patrimonio.

O litoral está a sufrir, dende hai décadas, moitos impactos: verquidos, recheos, urbanizacións, etc. As dunas, pola súa proximidade ás praias, foron empregadas como aparcadoiros, paseos marítimos… Hoxe é preciso educar para acadar un equilibrio sostible entre desfrute e conservación do medio.

Con esta exposición preténdese fomentar a participación activa da poboación, no coñecemento, observación e na conservación do noso entorno, ademáis de analizar as consecuencias transformadoras das actividades humanas no medio. Tamén é unha ferramenta de traballo para divulgar os valores naturais dos ecosistemas dunares e coñecer a orixe e dinámica das dunas.

Paneis
  • Panel 1: Presentación dos ecosistemas dunares.
  • Panel 2: Que debemos saber das dunas?.
  • Panel 3: A vexetación dos ecosistemas dunares.
  • Panel 4: A fauna dos ecosistemas dunares.
  • Panel 5: Impactos dos ecosistemas dunares.
Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).

Consulta as  condicións  completas para a cesión temporal da exposición.

Información adicional
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas