• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Galicia, Biodiversidade

Vostede está aquí

Exposicion itinerante Galicia Biodiversidade CEIDA
Produce

Xunta de Galicia

Colabora

CEIDA

Características da exposición
  • 19 paneis (13 de 120 cm de ancho x 200 cm de alto, e 6 de 100 cm de ancho x 200 cm de alto) con soportes propios.
  • Materiais didácticos para secundaria e bacharelato
  • Folletos divulgativos
  • Audiovisual "Galicia, Biodiversidade" (13 minutos)
Descrición

A biodiversidade é o resultado da evolución e adaptación das especies ás condicións ambientais nas que viven. En Galicia contamos con factores ambientais diversos que caracterizan as diferentes paisaxes do noso territorio - a climatoloxía, orografía, e hidroloxía - dando lugar a unha inxente variedade de ecosistemas: fondos mariños, litorais, marismas, bosques, matogueiras, ríos, regatos, montañas e paisaxes agrarias.

En Galicia existen unhas 20.000 especies animais e vexetais que aproveitan os recursos desta diversidade de hábitats. Entre estas especies destacan as máis ameazadas, debido á construción do seu territorio ou a sobreexplotación, e os endemismos, especies propias da nosa área xeográfica e que non se atopan noutro lugar do mundo.

A implantación de figuras de protección sobre os nosos espazos naturais máis representativos e ricos en especies, permite garantir a conservación desta biodiversidade.

  • Por que esta exposición?

A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que podes atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atoparás as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. Tamén poderás coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana, por exemplo, na alimentación, grazas á cría e cultivo de variedades galegas de maior calidade.

Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no mardo do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, eixo 3, tema prioritario 55.

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).

* Consulta as  condicións  completas para a cesión temporal da exposición.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas