• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Reservas da Biosfera

Vostede está aquí

Reservas de Biosfera CEIDA
Produce

Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”

Colabora

CEIDA

Características da exposición
  • 14 paneis de 100 cm ancho x 200 cm alto con soportes propios. Soamente se ceden en préstamo 8 paneis. Os restantes só se atopan dispoñibles en formato dixital para a súa descarga desde a web.
  • Folletos divulgativos.
Descrición

Esta exposición sobre as Reservas da Biosfera foi creada polo Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” no marco da presentación da candidatura da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Pódese consultar máis información sobre este proceso en  http://marinasbetanzos.gal

As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera). A finais de 2012 había 563 reservas en 110 países. Teñen por finalidade harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultura, e o desenvolvemento sostible da súa poboación.

Nelas podemos atopar todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta. En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteirizaGerês- Xurés).

As reservas son:

  • LUGARES onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural
  • ÁREAS que buscan un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio.
  • ZONAS que experimentan para conseguir un bo uso dos recursos naturais,culturais e sociais
  • SITIOS onde se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación.

Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :

  • Situar ao territorio no mapa mundial.
  • Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
  • Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
  • Recuperación das actividades económicas tradicionais.
  • Incentivas e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
  • Xerar oportunidade de capacitación e formación.
  • Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvementosostible e á conservación ambiental.
  • Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.
Paneis

Panel 1. Portada     Panel 2. Rede Española de Reservas da Biosfera     Panel 3. Que son?     Panel 4. Estrutura e funcións     Panel 5. Quen xestiona?     Panel 6. Beneficios     Panel 7. Auga... como protagonista

Panel 8. Alta montaña... o teito da península     Panel 9. Ambiente mediterráneo... de montaña     Panel 10. Illas... xestión integrada     Panel 11. Montaña cantábrica... tapiz verde     Panel 12. Transfronteirizas... natureza sen fronteiras     Panel 13. O Programa MaB da Unesco cumpre 40 anos     Panel 14. Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).

*  Consulta as  condicións   completas para a cesión temporal desta exposición.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas