• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción

Vostede está aquí

Exposicion Cambio Climatico CEIDA
Produce

CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia), a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia), o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del Clima e a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.

Características da exposición
  • 19 paneis (4 MB) 100 cm ancho x 200 cm alto con soportes propios.
  • Audiovisual “Cambio Climático: o reto do século XXI” Duración: 15 min.
  • Material divulgativo: caderno de actividades didácticas para secundaria e folletos divulgativos.
  • Tríptico da exposición
Descrición

Moitas das actividades que realizamos na nosa vida cotiá provocan, directa ou indirectamente, emisións de gases de efecto invernadoiro, e por tanto contribúen a un dos principais problemas ambientais deste século: o cambio climático.

A subida do nivel do mar, as vagas de calor, tormentas, inundacións, ...son algunhas das consecuencias, que por todo o planeta, provocara o cambio climático. Nas nosas mans está impedir que isto aconteza, pero, é preciso que todos os actores sociais se involucren na loita contra este fenómeno global.

Tamén cabe dicir que a temática do cambio climático é complexa, e como consecuencia hai un gran descoñecemento sobre el por parte da cidadanía. Con esta exposición pretendese dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

Esta exposición está baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa por el Clima- pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte. CLARITY, deseñada en formato CD, é unha ferramenta que facilita a centros educativos, asociacións culturais, concellos e calquera outra organización interesada, a montaxe de súa propia exposición sobre cambio climático e a organización de actividades relacionadas.

Paneis

Panel 1. Portada     Panel 2. Últimas novas, o planeta quéntase     Panel 3. Pequenos aumentos, grandes cambios     Panel 4. Aféctache, aféctame     Panel 5. Os sinais do cambio     Panel 6. Momentos fugaces e longas etapas     Panel 7. Coma a pél dunha mazá

Panel 8. Na súa xusta medida     Panel 9. O CO2 e os seus colegas     Panel 10. De quén é a responsabilidade?     Panel 11. Actúa localmente     Panel 12. Activos en favor do clima     Panel 13. Da miña escola para o meu planeta     Panel 14. Compartimos un problema... ¡compartamos as súa solucións!

Panel 15. Un camiño sinuoso     Panel 16. O papel dos governos     Panel 17. Unha Galicia menos verde     Panel 18. Galicia lonxe de Kyoto     Panel 19. Un primeiro paso, nun longo camiño

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).

* Consulta as  condicións   completas para a cesión temporal da exposición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio