• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ardentía

Vostede está aquí

Ardentia historia mariñeira CEIDA
Data
luns, 9 Marzo, 2015 a xoves, 30 Abril, 2015
Lugar

Sala de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

Confraría de Pescadores de Rianxo, Grupo de Acción Costeira 5 "Ría de Arousa"

Colabora

CEIDA

Patrocina

Fondo Europeo de Pesca

Descrición

Ardentía é un proxecto da Confraría de Pescadores de Rianxo e do Grupo de Acción Costeira 5 "Ría de Arousa". O seu obxectivo é recuperar e divulgar o patrimonio inmaterial ligado ao sector pesqueiro artesanal de Rianxo dende unha perspectiva histórica, como ferramenta que xere valor engadido ao territorio.

Rianxo é unha poboación históricamente ligada ao mar. O pasado, o presente e futuro de Rianxo está no mar, e compre non esquecer o pasado para afrontar mellor o futuro. A tradición, a cultura, a historia mariñeira e a pesca artesanal son os pilares sobre os que se asenta este proxecto.

A exposición Ardentía, de carácter itinerante, pretende transmitir e divulgar o patrimonio mariñeiro rianxeiro ao longo de toda a xeografía galega. Está formada por 14 paneis temáticos que percorren a tradición, a historia e a cultura mariñeira de Rianxo.

 

Visitas

Horario

  • Marzo: de luns a venres de 9 a 14 h., e sábados de 11 a 14 h.
  • Abril: de luns a venres, de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h., e sábados de 11 a a 14 h.

 

Entrada

  • De balde
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas