• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Illas Malvinas: natureza e pesca

Vostede está aquí

Exposicion Illas Malvinas CEIDA
Data
luns, 1 Febreiro, 2016 a xoves, 31 Marzo, 2016
Lugar

Salas de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

GEAS, CEIDA

Autor/es

Fernando Anido Pedreira

Descrición

Situadas no Océano Atlántico suroccidental, a carón de Ushuaia, as Illas Malvinas -Falkland Islands son un importante caladoiro de pesca de especies como a Pescada común (Merluccius hubbsi), Rosada (Genypterus blacodes), Calamar (Loligo gahi), Marujitos (Patagonotothen sp.), entre outras moitas.

A arte de pesca que se traballa é o arrastre, modalidade que consiste no largado dunha rede ao mar e na que se traballa os 7 días da semana as 24 horas, quedando moi pouco tempo para o descanso ou momentos de lecer. So o mal tempo impide que se poida traballar, o que se chama estar á capa, para navegar capeando o temporal.

Nesta exposición preténdese amosar o medio no que traballan os pescadores e toda a vida que os rodea.

 

Visitas

Horario

  • De luns a venres, de 9 a 14 h.
  • Sábados, de 11 a 14 h.

 

Entrada

  • De balde
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas