• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Interpretación: para marcar la diferencia intencionadamente

Vostede está aquí

Interpretación: para marcar la diferencia intencionadamente - Sam Ham

 

Nova obra de Sam H. Ham que aporta aos profesionais da interpretación do patrimonio non só docenas de técnicas sobre "como" desenvolver produtos interpretativos atendidos por persoal ou autoguiados, senón que tamén recompila cambios producidos na nosa forma de concebir a interpretación nas últimas décadas. No libro, Sam Ham válese dos recentes avances da investigación en comunicación para desvelar a fresca e estimulante perspectiva do obxectivo último en interpretación, que guiará aos intérpretes de todas partes a novas e profundas vías para marcar a diferencia de forma intencionada no desempeño do seu traballo. Os seus dez capítulos ofrecen principios nunca antes publicados acerca do deseño, planificación e execución de encontros interpretativos temáticos, algúns dos cales desafiarán vellas formas de pensar e sinalarán aos lectores novas e emocionantes posibilidades creativas.

Prezo: 36 €

Pedidos: documentacion@ceida.org

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas