• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

V Xornadas Ornitolóxicas: A conservación das aves galegas e os seus hábitats

Vostede está aquí

V Xornadas Ornitoloxia CEIDA
Data
venres, 3 Marzo, 2017 a sábado, 4 Marzo, 2017
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Monumento Natural Costa Dexo-Serantes

Organiza

CEIDA, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO)

Colabora

Seo/Birdlife, Grupo Naturalista Hábitat

Obxectivos
  • Dar a coñecer o estado de conservación das aves galegas e o seus hábitats.
  • Concienciar á sociedade sobre a necesidade de conservar as aves presentando formas de colaboración cidadá na súa preservación.
Dirixido a

Público xeral interesado.

Programa

Venres, 3 de marzo
16:00 – 16:45 h. As aves e áreas de valor ornitolóxico de Galicia. Como colaborar na súa conservación? Sergio París Gómez.
16:45 – 17:30 h. O grupo de traballo para a vixilancia e protección da píllara das dunas en Galicia. Gustavo Ferreiro Martínez.
17:30 h – 18:00 h. Descanso.
18:00 - 20:00 h. O estado de conservación das aves galegas e os seus hábitats:

  • As aves mariñas. Antonio Sandoval Rey.
  • As aves de medios agrarios e esteparios. Óscar Rivas López.
  • As aves de medios forestais e montanos. Óscar Rivas López.
  • As aves de medios acuáticos. Diego Rodríguez Vieites
     

Sábado, 4 de marzo
10:00 – 14:00 h. Saída ornitolóxica pola Costa de Dexo e visita á Aula do Mar, Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural
Costa Dexo-Serantes*.
 

O traslado ao espazo natural protexido corre a cargo dos asistentes.

Inscrición
  • 10 €
  • Prazas limitadas
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas