• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Obradoiro Ecoloxía Emocional: Salvagarda da fauna silvestre no século XXI

Vostede está aquí

Data
sábado, 18 Marzo, 2017
Horario

11 a 14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Obxectivos
  • Reflexionar sobre as causas da perda de biodiversidade dos últimos 50 anos.
  • Revisar a relación clásica do ser humano e a natureza.
  • Dar a coñecer as distintas visións do ecofeminismo como ferramenta para a conservación da biodiversidade.
  • Dar a coñecer conceptos como biomímese, ecodependencia, ecoxustiza, ecomoralidade...
Dirixido a

Todos os públicos.

Metodoloxía

A Terra perdeu o 58% dos seus animais entre 1970 e 2012, e esta perda podería alcanzar o 67% en 2020, segundo o informe 'Planeta Vivo' de WWF e da Sociedad Zoológica de Londres. Como chegamos a esta situación? Cres saber as razóns que conduciron a elo? Pecorrer a historia da humanidade pode desvelarnos claves que descoñecemos, ou alo menos cuestionarnos a construción do pensamento occidental que está poñendo en xaque a biodiversidade que coñecemos e a nosa propia permanencia no Planeta.
A novela “Beatriz y la loba”, de Concha López Llamas, pon á túa disposición, neste obradoiro, unha posible folla de ruta para mirar o futuro con prudente esperanza.

Imparte

Concha López Llamas, Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, ampliamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica. Na súa obra ‘Beatriz y la loba’ pon de manifesto o seu extraordinario vínculo ca natureza e coa problemática da muller.

Contidos

BLOQUE I. ECOFEMINISMOS

  • Tipos de Ecofeminismo: esencialista, construtivista.

BLOQUE II. LÓXICA DA DOMINACIÓN PATRIARCAL

  • Dualismos xeneralizados: valoración, xerarquía e encabalgamentos.
  • Xenealoxía do patriarcado.
  • Androcentrismo. Volta de torca coa era moderna.
  • Consecuencias do patriarcado capitalista e cartesiano.
  • Muller e Natureza: Obxectos de explotación e maltrato.

BLOQUE III. VISIÓN ECOFEMINISTA. CLAVES PARA A DECONSTRUCIÓN DA LÓXICA DO DOMINIO

  • Ecoloxía Emocional. Territorio emocional. Lugar patrón. Solastalxia.
  • As Olladas: afectiva, arrogante, endogámica. Empatía.
  • Comunicación co Outro.
  • Resignificación do Outro: a natureza non humana. De obxecto a suxeito.
  • Biomímese. Aprender do Outro. Activación da condición animal.
  • Ecodependencia.

BLOQUE IV. A RECONCEPCIÓN DO SER HUMANO. CONSTRUCIÓN DUN NOVO SISTEMA DE VALORES

  • Renaturalización de home e muller.
  • Universalización da ética do coidado: postxenérica e ecolóxica. Interdependencia.
  • Ética ecofeminista.
  • Ecomoralidade e Ecoxustiza.
  • Multiculturalidade crítica
  • Interculturalidade.
  • Protección das linguas vernáculas ou de Raíz.
  • Biodiversidade.
Inscrición
  • Prezo de matrícula: 10 €
  • Prazas limitadas
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas