• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

RECIDA

Vostede está aquí

Desde os seus inicios, o Centro de Documentación Ambiental do CEIDA forma parte da Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA).

RECIDA é unha rede de bibliotecas e centros de documentación ambiental públicos ou de organizacións sen ánimo de lucro especializados en medio ambiente e/ou espazos naturais protexidos.

A súa finalidade é promover a coordinación e colaboración entre os seus membros para mellorar os servizos aos usuarios, tanto particulares como institucionais.

Os seus obxectivos son:

  • Favorecer a colaboración e o intercambio de experiencias e proxectos.
  • Compartir recursos que optimicen as inversións dos centros participantes.
  • Formar expertos en xestión da información e a documentación ambiental, seguindo as directrices da UICN.

 


Membros de RECIDA no XV Seminario de Centros de Información e Documentación Ambiental

Que retos conseguiu RECIDA?

RECIDA conseguiu difundir e intercambiar información ambiental de distintas áreas xeográficas, multiplicando o acceso á documentación ambiental grazas a:

  • Os Seminarios anuais que organiza o  CENEAM,  e que permiten coñecer novos centros de documentación e experiencias.
  • A lista de distribución interna entre os membros, pertencente á Red Iris do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
  • As páginas web dos centros que cada vez contan con máis bibliotecas dixitais e información electrónica.

Na actualidade, RECIDA conta con máis de 100 centros en todo o estado español. O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA é o único que ofrece un servizo aberto a toda a cidadanía dentro da Comunidade Autónoma galega.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas