• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

I Congreso de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia

Vostede está aquí

I Congreso de Educacion Ambiental dos Paises Lusofonos e Galicia - CEIDA

O I Congreso de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia foi un acontecemento histórico pois, por primeira vez, profesionais, investigadores e autoridades da Educación Ambiental de todos os países do ámbito cultural e lingüístico lusófono tiveron a oportunidade de reunirse para debater a contribución da educación na construción de valores, bases culturais e políticas que sirvan á promoción de sociedades sustentables. O Congreso afondou na contribución da Educación Ambiental como elemento de loita fronte os principais retos ambientais actuais, centrados na Conservación da Biodiversidade, o Cambio Climático, e na loita contra a crise ambiental desde a óptica da Sustentabilidade Socioambiental e a instrumentalización da Cooperación Internacional para este fin.

Organizan

  • Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)
  • Universidade da Coruña (UDC)
  • Universidade de Santiago de Compostela (USC)

 

No Comité Organizador participaron tamén:

  • Representantes dos gobernos e sociedade civil de Brasil, España, Portugal e Cabo Verde, ademáis de representantes de todos os países como puntos focais.
  • Membros da administración galega e do estado.
  • Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Xunta de Galicia
  • Dirección Xeral de Cooperación Exterior. Xunta e Galicia.
  • Ministerio de Medio Ambiente.
  • Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.
  • Autoridades científicas e expertos de universidades de España, Portugal e Brasil.

 

Promotores principais

  • Xunta de Galicia.
  • Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Agencia Española de Cooperación Internacional (AECID).

 

Antecedentes, contexto, xustificación e continuidade

No contorno lusófono da Educación Ambiental nunca antes se celebrara un evento de tipo congresual. Nembargantes, houbo un I Simposio dentro do V Congreso Iberoamericano de Educación Ambiental (EA), celebrado en Joinville, Brasil, en abril de 2006. Ademais, dentro das declaracións plenarias finais deste V congreso iberoamericano de EA explicítase a necesidade de expandir a iniciativa de articulación e cooperación internacional para os países de lingua portuguesa no ámbito da Educación Ambiental, propoñéndose a Galicia, por iniciativa do goberno de Brasil, para a celebración do evento que nos ocupa.

Algo moi importante é que este Congreso tivo continuidade, pois establece unha canle de comunicación e relación permanente entre autoridades e organizacións da sociedade civil implicadas na educación ambiental en todos os países lusófonos. No plenario final, a representante do goberno da República de Cabo Verde asumiu a candidatura para o vindeiro encontro, no 2009, para o que xa recibiu durante o acto de clausura os compromisos de apoio, para a organización do segundo Congreso, dos representantes da Xunta de Galicia, o goberno da República do Brasil, da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e do propio CEIDA, Centro de Extension Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

 

Obxectivo xeral

  • Debater a contribución da educación ambiental na construción de valores, bases culturais e bases políticas que sirvan á promoción de sociedades sostibles, especificamente centrándose no contexto cultural e político correspondente cos países lusófonos.

 

Obxectivos específicos

  • Debater e fomentar no campo da Educación Ambiental a formulación de propostas de cooperación nos temas de Cambio Climático, Biodiversidade e Sustentabilidade Socioambiental.
  • Fortalecer e estabilizar redes para a acción e a cooperación no ámbito da Educación Ambiental no espazo lusófono-galego, promovendo o intercambio científico, cultural e de experiencias entre os participantes, así como a construción e identificación dun espazo permanente de debate lusófonogalego en Educación Ambiental.
  • Proporcionar aos educadores e educadoras ambientais un afondamento do diálogo con persoeiros e intelectuais, co fin de fortalecer o pensamento crítico na busca de alternativas para a Sustentabilidade Socioambiental.
  • Contribuír á sensibilización social cara á cooperación e a promoción dunha cultura da tolerancia fronte á diversidade racial e cultural.

 

Participantes

O congreso reuniu a 379 participantes dos distintos sectores sociais implicados na Educación Ambiental: autoridades ambientais e educativas, educadores e educadoras ambientais, persoeiros do mundo da cultura e das artes, científicos, líderes sociais e membros de movementos asociativos dos seguintes países:

 

 

 

 

 

 

 

Web do I Congreso de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia
​http://www.ceida.org/congreso_ea/index.html

 

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas