• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

A Rede Natura 2000 en Galicia: unha guía para concellos

Vostede está aquí

A Rede Natura 2000 en Galicia: unha guía para concellos CEIDA
Data
venres, 7 Xullo, 2017
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • Xunta de Galicia
  • CEIDA
Obxectivos

O CEIDA, por encargo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, elaborou unha Guía do Plan Director da Rede Natura 2000, na que se pon a disposición dos concellos a información relativa á normativa de aplicación e a cartografía detallada de cada un dos espazos incluídos nesta rede coa súa correcta delimitación. Por este motivo, organiza esta xornada, co fin de presentar esta ferramenta que busca servir de orientación aos concellos á hora de xestionar os espazos do seu territorio incluídos nesta rede de espazos protexidos.

Dirixido a

Responsables políticos e técnicos ambientais das Administracións locais; responsables e persoal técnico implicados na xestión dos espazos naturais protexidos; persoal técnico dos grupos de desenvolvemento rural, Grupos de Acción Local de Pesca e outras entidades locais; educadores ambientais, naturalistas, biólogos; profesionais e público xeral interesado.

Contidos

9.30 -10 h. Recepción de asistentes e entrega de documentación.

10.00 – 10.15 h.

  • Inauguración. Dna. Beatriz Mato Otero. Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia

10.15 – 10.45 h.

  • Liñas de traballo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Dna. Ana Mª Díaz López. Directora Xeral de Patrimonio Natural, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.

10.45 – 11.30 h.

  • A importancia da Rede Natura 2000 en Galicia. D. Pablo Ramil Rego. Secretario do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB da UNESCO.

11.30 – 12.00 h. Pausa café

12.00 – 13.00 h.

  • O CEIDA como instrumento de apoio aos concellos de Galicia en materias ambientais. D. Carlos Vales Vázquez. Director do CEIDA
  • Presentación do CD-Rom de consulta sobre o Plan Director da Rede Natura 2000 en Galicia. D. Xoán Fontaiña Pérez. CEM, Sociedade Cooperativa Galega.

13.00 – 14.00 h.

  • Conferencia de Clausura. As bases conceptuais da conservación no comezo do século XXI. O papel a xogar polas Administracións. D. Hermelindo Castro Nogueira. Director do Centro Andaluz para la Evaluación y Seguimiento del Cambio Global, Universidad de Almería e Presidente da Junta Rectora do Parque Natural Cabo de Gata-Níjar.
Inscrición
  • De balde
  • Prazas limitadas
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas