• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Contacontos por un Planeta

Vostede está aquí

Contacontos por un Planeta

Contacontos por un Planeta

Prazas limitadas!

Actividade familiar infantil de contacontos con monicreques que abordará de forma interactiva e dinámica a temática do lixo e, máis concretamente, dos residuos orgánicos, baseada no conto 'Dhor el compostador'. Ademáis de gozar da lectura e das súas singulares personaxes, as familias aprenderán sobre a importancia da compostaxe doméstica e os seus beneficios para o medio natural.

A actividade terá lugar nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, actual sede da nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, o vindeiro sábado, 19 de novembro, ás 12 horas.  Estará dinamizada polas educadoras Claudia Vilariño e Soraya Seoane e terá unha duración estimada de hora e media. 

Dirixida a familias con nenos e nenas de entre 6 a 10 anos, que virán acompañados cun máximo de dous adultos por neno/a. 

As prazas son limitadas, polo que é imprescindible a reserva no seguinte formulario:
http://www.ceida.org/gl/formulario-confirmacion-de-asistencia

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio